Cando ver aves en Galicia

Redacción.-

Mañá sábado 5 de abril ás 12:30 h. no C.E.N Casa das Insuas contaremos coa presenza dos ornitólogos Antonio Sandoval Rey e Cosme Damián Romay Cousido que nos presentarán o seu libro"Cuándo ver aves en Galicia".

O libro recolle unha ampla e variada proposta para gozar coa observación de aves mes a mes ao longo da xeografía galega. Unha obra rigorosa e amena de imprescindible consulta para os que queiran sacar o máximo partido as súas excursións ornitolóxicas por Galicia.

Previo á presentación deste libro, ás 10:30 h., terá lugar a reunión informativa para a provincia de Lugo do III Atlas de las aves reproductoras de España organizada pola SGO e dirixida a todos os interesados en participar neste interesantes proxecto colectivo.

4 de abr. de 2014

0 comentários :

Danos a túa opinión