A Universidade Rey Juan Carlos de Madrid e o Instituto de Estudos Chairegos, co patrocinio da Consellaría de Innovación e Industria a través da Sociedade de Xestión do Xacobeo, veñen de editar a colección completa do xornal A Voz de Vilalba, que inclúe os 27 números máis algúns especiais aparecidos entre 1983 e 1986.
O volume, prologado polo historiador Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, e presentado polo profesor e presidente do Iescha, José-Luís Novo Cazón, contén un estudo introdutorio elaborado polo profesor Felipe Debasa, da URJC, o filósofo Antón Baamonde, o deputado provincial Xosé González Barcia e os antigos redactores do Xornal Moncho Paz, Paulo Naseiro e Mario Paz.

Fragmento do acto de presentación na Casa da Cultura de Vilalba
0 comentários :
Danos a túa opinión