Eu tamén fun coas vacas

Antón de Guizán.-

Lembrando o libro de Alfonso Eiré PUCHEIRO, ex director do xornal A Nosa Terra, digo que esa xeneracións.dos que aínda fomos coas vacas de pequenos, vemos como o idioma e a memoria dos nosos pais e avós vai desaparecendo entre os nosos fillos e irá a peor entre os netos.

O idioma, o orgullo do noso pasado, o descoñecemento da nosa historia e mesmo o desi temén polo propio abrazando a cultura-basura dos medios de comunicación levan ao país á desaparición.

O que queda é resistencia. Só un ataque suicida de recuperación do propio, mesmo épico, pode devolver a ilusión e mesmo recuperar a unha mocidade que nin é do país nin quere agás heroicas minorías conscientes e intelixentes.

Gobernos ausentes do problema, partidos preocupados polas cuotas de poder interno e institucional, empresas con visión limitada é material do negocio e sin proxección e unha sociedade consumidora de.OPIO programado.polo sistema só deixan a saída da radicalidade para salvarnos. A radicalidade do país para a saída de todo, tamén no económico ou o cartel de liquidación.

Eu son e serei sempre radicalmente galego, e iso non debera ofender a ninguén, ou si?

10 de out. de 2014

1 comentários :

  • Concordo con Antón. Hai anos escribira eu un artigo no mesmo sentido, titulado "Unha cultura que se nos vai", apuntando ademais dos aspectos nos que fai fincapé Antón, no empobrecemento léxico das novas xeracións debido á ruptura da transmisión interxeracional ao non conviviren avós e netos, á contaminación do noso idioma pola actividade comercial, medios de comunicación, etc., e tamén polas novas formas de vida no rural e o novo xeito de desenvolver a actividade agraria, onde se gardaba grande parte dese vocabulario noso, que non foi extrapolado a outras actividades.

    11 de outubro de 2014, 12:09

Danos a túa opinión