A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Euskal Idazleen Elkartea (EIE) e a Associació d´Escriptors en Llengua Catalana (AELC) celebran todos os anos os encontros Galeusca. A organización de cada edición corre a cargo de unha das asociacións, que asumen esa responsabilidade por quendas.
En 2008 Galeusca celebrou a súa vixesimoquinta edición, o que evidencia que a relación entre as tres asociacións ten percorrido un longo camiño. Nestes anos, os encontros Galeusca non só serviron para pór en común información sobre temas puntuais, senón tamén para profundizar en cuestións que teñen que ver coa literatura, no máis amplo sentido do termo. Asemade, os participantes en Galeusca tiveron ocasión de coñecer in situ a situación das tres linguas en ámbitos onde o seu estatus legal e sociolingüístico é ben distinto, como Andorra, Biarritz, Gernika, Santiago, Valencia, Iruñea ou Mallorca.
A vontade de cooperación que impregna os encontros Galeusca rematou dando pé a que as tres asociacións constitúan a Federación Galeusca, cuio obxectivo é acordar posturas ante temas de interés común e servir de interlocutora ante as institucións, especialmente ante as dependentes do Goberno do Estado.
A XXVI edición dos encontros Galeusca celebrarase en Arantzazu (Gipuzcoa) entre o 9 e o 12 deste mes de outubro.
O tema central é Pequenas Literaturas, grandes retos, subdividido en cuatro temas específicos: Estructuración (papel das asociacións, perfil dos socios, Federación Galeusca…); Autoría (dereitos de autor); Socialización (afección á lectura, os xoves, novos soportes…), e Difusión (cómo difundir, tanto no entorno máis inmediato como no ámbito internacional, as literaturas escritas en lenguas minorizadas)
A delegación galega que asistirá á XXVI edición dos encontros Galeusca está formada polos escritores e escritoras:Alfredo Ferreiro, Antía Otero, Antón Riveiro Coello, Armando Requeixo, Cesáreo Sánchez, Dores Tembrás, Eva Moreda, Fran Alonso, Francisco Castro, Laura Caveiro, Marcos Calveiro, Mercedes Queixas, Paco Souto e Rexina Vega.

0 comentários :
Danos a túa opinión