Este domingo, ás 16:30 horas, inaugurarase de xeito oficial, antes da disputa do partido da liga de 2ª Autonómica entre a UD. Pastoricense e o Rioaveso (17:00 h.), o novo terreo de xogo do campo de fútbol do Acebreiro, na Pastoriza. Confirmaron a súa presenza aos actos de inauguración do vindeiro domingo o vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, o deputado de Deportes, Antón Veiga, así como a concelleira de Deportes da Pastoriza, Elba Carrera, e o alcalde da localidade, Primitivo Iglesias.
As obras de mellora que se efectuaron na superficie de xogo foron sufragadas integramente pola Área de Deportes da Deputación, que realizou un investimento de 131.000 euros para renovar por completo o céspede natural do campo do Acebreiro, en estado impracticábel antes da súa reforma. Coa cantidade de 131.000 euros aportados pola Área de Deportes da Deputación púidose acometer o levantamento do antigo terreo de xogo, instalar un sistema de drenaxe eficaz que permite evacuar a auga sobrante da superficie, colocar un sistema de regadío automático que se activa con programador e replantar de novo con céspede a superficie. Ademais, o orzamento incluíu o equipamento de primeira calidade nos elementos externos á superficie de xogo, coma as porterías homologadas de perfil cilíndrico e as bandeiras de córner tamén homologadas para a competición.
Actualmente, o céspede atópase totalmente enraizado e en perfectas condicións para a práctica do fútbol, o que converte ao campo de fútbol do Acebreiro nunha instalación deportiva punteira na comarca da Terra Chá. A Área de Deportes da Deputación continúa, deste xeito, co seu traballo a prol de dotar aos concellos lucenses dunhas infraestruturas deportivas de calidade, que posibiliten a práctica deportiva con garantías para toda a poboación.

0 comentários :
Danos a túa opinión