Redacción
Logo de cinco intentos fallidos, o CEIP Mato Vizoso de Vilalba implantará a xornada única a partir do próximo curso lectivo. A decisión foi avalada polo 71 % das familias de alumnos.
Os outros centros de infantil e primaria da capital chairega, CEI e CEIP Ínsua Bermúdez, implantaron a xornada única hai anos. Sen embargo, no Mato Vizoso, a pesares de se obter sempre unha maioría favorábel, nunca se acadaran as altas porcentaxes mínimas ás que obriga a normativa vixente.
Os outros centros de infantil e primaria da capital chairega, CEI e CEIP Ínsua Bermúdez, implantaron a xornada única hai anos. Sen embargo, no Mato Vizoso, a pesares de se obter sempre unha maioría favorábel, nunca se acadaran as altas porcentaxes mínimas ás que obriga a normativa vixente.
Said
Xa ía sendo tempo. A verdade é que nesta cuestión da xornada única os requerimentos legais son abusivos e absurdos. Teñen que estar de acordo dous terzos do total dos pais, polo que o maior obstáculo sempre foi acadar unha participación moi alta.
Said
Parabens ao colexio Mato Vizoso, xa era hora. E unha boa nova para alumnos, pais e profesores; cómpre profesionalizar o ensino e favorecer tamén as actividades extraescolares, que motivan aos rapaces. Precisamente un bo exemplo diso foi no seu día a saída do voso xornal, que daba unha visión diferente das cousas que acontecían en Vilalba.
Como subscriptor que fun no pasado de A Voz de Vilalba, alégrome da iniciativa que tivestes de sacar agora este blog, coincidindo co 25 cabodano da saida da publicación, que foi e será sempre sinónimo de ar fresco. Contade comigo para o que faiga falla.
Unha forte aperta,
Montemouro da Chaira
Said
Son unha antiga suscritora de A Voz de Vilalba, e aínda conservo o carné e moitos números daquela época. Aledoume moitísimo a publicación da colección o pasado ano, e acabo de levar unha gratísima sorpresa ao ver que seguides ao pé do canón, como sempre. Sodes un exemplo para a mocidade de hoxendía.
Respecto á nova da xornada única no colexio Mato Vizoso, penso que, unha vez superada a vella rivalidade entre os dous centros educativos da vila, o único que os diferenciaba era a cuestión da xornada que, por certo, foi sempre apoiada pola maioría dos pais e nais, se ben non en número suficiente, dada a abusiva lexislación vixente.
Como nai, creo que o Mato Vizoso ten agora todos os elementos necesarios (profesorado, actividades, calidade do ensino, xornada, etc.) para deixar ben alto o pavillón do ensino público.
Noraboa a toda a comunidade educativa do centro, e os meus parabéns.