A folga de recollida de lixo en España Directo, de TVE

Redacción

Vilalba últimamente é noticia nas cadeas de televisión estatais pola folga do persoal de Urbaser. Hai tres meses tamén saímos a miúdo nos medios, daquela polas obras do CEIP Insua Bermúdez. Penosas estampas que non favorecen precisamente a nosa imaxe de cara ao exterior.



ULTIMA HORA
O Consello Galego de Relacións Laborais mediará na busca dunha solución ao conflito de Urbaser en Vilalba, segundo anunciaron fontes municipais. Está prevista para mañá unha reunión entre empresa e traballadores coa presenza dun mediador do organismo autonómico.

26 de ago. de 2008

2 comentários :

  • Lamentábel que o noso pobo teña que saír nos mass media por situacións coma esta.
    Os meus respectos aos traballadores na defensa dos seus lexítimos dereitos.
    O meu voto de censura a uns gobernantes municipais que son incapaces de poñer as cousas no seu sitio ou simplemente non lles interesa. Como se pode entender senón que non esixan o cumprimento do contrato por eles redactado e asinado cunha empresa que nin sequera ten presentado o preceptivo informe de mínimos de material e local malia ter sido reclamado infrutuosamente en pleno por algún grupo político? A que hai que agardar para rescindir o contrato a unha empresa que non lava os colectores e non recolle o lixo coa frecuencia que dispón o contrato?
    Que non trate de distraer o sr. Criado coas habituais incoherencias. O problema é serio e súa a responsabilidade.
    Evidentemente isto vai ter solución, pero na miña modesta opinión sospeito o que vai ocorrer de contado:
    - Canto vai tardar o equipo de goberno en levar a pleno a aprobación dunha "compensación" a Urbaser pola "suba de custos" na prestación dos seus servizos?
    - Canto vai tardar o equipo de goberno en aumentar as taxas polo servizo de limpeza e recollida do lixo?
    O tempo dirá, pero a nefasta xestión municipal acabarémola pagando os de sempre, do mesmo xeito ca contribuímos ao salario dun alcalde que percibe 62.562€ anuais (2.562 máis ca por exemplo o de Toledo).
    Cando a xente abra os ollos saberá que non chove, senón que un día si e o outro tamén están mexando por ela.
    Chema

    28 de agosto de 2008, 23:36

  • Este pobo ten o que quere, eu estou convencido de que é masoquista, ou mellor sado-masoquista.
    Non hai máis que observar o Goberno Municipal (PP) que temos, é penoso escoitar ao alcalde o que dí e como o dí, así que como seran os demáis.
    Os votantes do Concello de Vilalba está ben claro que son conservadores e así nos vai, que imos quedar atrás a respecto de concellos como Cospeito, Castro, Guitiriz, Begonte ou mesmo Rábade.
    Non teñen interese ningún en facer algo que nos eleve o nivel de vida, dende o punto de vista de oferta de traballo e poder conseguir uns salarios dignos do século XXI.
    Poderian facer un "Plan de desenvolvemento económico sostible", partindo das grandes riquezas que o noso concello ten e que non son poucas, dende o Queixo de S.Simón ate o Capón algo xa repetitivo inda que poden dar máis; Sector da Madeira, a Agricultura, Parques Eólicos, Sector Gandeiro, Turístico...etc.
    Que facer hai, pero levan gobernando de sempre, dende Franco ate Hoxe e polo medio....Fraga,,,,, cada un que pense o queira.
    Con Franco perdéronse 40 anos, votade contas do resto con Fraga, e o que nos queda, algún si o vemos que eu xa non conto.

    2 de setembro de 2008, 19:25

Danos a túa opinión