Redacción
Un ano máis, o día oito de setembro, xa de maneira non oficial Día da Chaira, a lembranza do creador literario, xeográfico e antropoloxico do concepto da Terra Chá -o poeta Manuel María- estará presente nos actos que organiza a Asociación Cultural Xermolos, xunto coa Fundación Manuel María.
O día comezará cun xantar de irmandade ás 14 horas na Casa Rural Reboreda de Abaixo, despois de atravesar o Río Ladra, en Francos 8 (Outeiro de Rei). As 16,30 haberá unha leitura de poemas de Manuel María en Penas das Rodas, ás 18:00 horas pregaria no camposanto de Outeiro de Rei e, para rematar, terá lugar o rito da navalla do Manuel no Campo de Santa Isabel. Para apuntarse ao xantar (15 euros) ou ter máis información sobre a homenaxe ao poeta chairego, pódese chamar ao teléfono 646 413890.

0 comentários :
Danos a túa opinión