O Consello da Cultura Galega ten convocado o Foro de Cultura Local co fin de reflexionar sobre o papel actual das asociacións de cultura das vilas galegas. Trátase de definir novas vías, instrumentos e horizontes de actividade cara ao futuro. Neste foro intervirán coñecidos persoeiros coma José María Pérez (PERIDIS), Juan Carlos Prieto, Pablo Meira, Carlos Méixome, Carlos Forcadell, Manuel Gago e Alfredo Erias. Tamén participarán representantes de diferentes concellos galegos. Non cabe dúbida de que moitas asociacións, así como outras entidades de cultura local teñen desenvolvido no ámbito galego desde hai moito máis de vinte e cinco anos un labor e unha función educadora que se poderían calificar de insubstituíbles no que se refie a promoción e divulgación dos estudos e coñecementos sobre a historia e os diferentes tipos de patrimonios locais. Isto ten permitido ademáis a conservación e posta en valor destes patrimonios materiais e espirituais que, doutra maneira, ficarían hoxe totalmente esquecidos, desaparecidos ou en vías de extinción. Tendo en conta a peculiar organización social galega, non é desacertado dicir que este labor foi especialmente salientable nas vilas onde a tradicional ausencia de institucións culturais foi particularmente solucionada polas asociacións de cultura local. Por este motivo o Consello da Cultura Galega, consciente do importante labor destas asociacións pero tamén do feito de que as circunstancias sociopolíticas en Galicia mudaron moito nas últimas décadas, promove un foro de reflexión sobre o papel actual destas asociacións. A xuntanza tenta ser un debate aberto entre os representantes das asociacións culturais galegas que permitirá a reflexión aberta sobre experiencias actuais doutras comunidades autónomas, sobre os estudos sociolóxicos centrados no seu papel en Galicia e sobre os novos instrumentos de comunicación que as novas tecnoloxías ofrecen. Este debate tentará identificar con claridade o novo contexto sociopolítico no que se desenvolve o seu traballo, pero sobre todo definir novas vías, instrumentos e horizontes de actividade cara ao futuro. Deste xeito, o papel de interlocutor e promotor cultural que sempre desempeñaron estas asociacións non esmorecerá diante dos novos retos e poderá servir para encarar con eficacia e acerto o futuro.
Pode verse máis información picando aquí, no Formulario de inscripción ou na web do Consello da Cultura Galega
Said
Porque censurades calquera cousa que non vos guste neste xornal, no que tanto vos gusta a liberdade de expresión?. No se pode críticar ao seu equipo de redacción?. Sen embargo, metedes as liortas dun tal Xan de Muíño e Vilalbesa que se enorgullece de selo, que parecen 'Romeiño e Xulietiña', mentres que os demais non nos permitides dar a nosa opinión. Xa sei que non ides publicar esta réplica, pero xa me da igual.
Said
Non sei de que te queixas anónimo amigo. Eu tamén son lector deste xornal e xa teño mandado máis dun comentario e ata o de agora non mo censuraron. Será que facer crítica non implica faltarlle ao respeito a ninguén. Penso eu.
Saúdos á concurrencia.
Said
Como ben indica o formulario de comentarios, estes son moderados pola redacción, e non se publican aqueles que non teñan relación coa entrada correspondente, nin os que conteñan insultos ou inxurias a persoas ou institucións.
Se algún lector considera que un comentario seu foi moderado fora destes criterios, pode envialo xunto cunha fotocopia do D.N.I. e unha declaración de exención de responsabilidade fronte a terceiros para avozdevilalba.com, ao enderezo de correo redaccion@avozdevilalba.com.
Said
Pois sí que debe ser forte o que escribiche si é que foi censurado.
Podes facer unha reclamación e que cho poñan na páxina, que xa parece que me entra interese polo que escribiche.
A min tampouco me censuraron nada.
FROUXEIRA