Xulio Xiz
O corpo pídeme escribir sobre a queima de dous camións perto de Vilalba, noticia da que se fixeron eco numerosos medios informativos.
Dame magoa e carraxe cando vexo ou escoito unha nova relativa a Vilalba que nos aparta da normalidade, que nos fai protagonistas de violencia, que nos fai noticia por motivo innoble.
En todos os sitios pode pasar algo así, de feito en todos os lugares pasan cousas a diario, das que algunhas se coñecen e outras non, das que algunhas merecen comentario e outras se comentan por si soas. Neste caso, sóubose dela moi lonxe, coméntase por si soa pero tamén merece recordala para escarnio dos seus autores.
Que dous camións ardan de madrugada en Santaballa pode ser un accidente, pero non o foi. Hai antecedentes de agresións a camións, pero ningunha coma esta, que puido desembocar nunha traxedia.
Os que queimaron os camións tiñan que saber que normalmente estes vehículos non son dunha empresa, senón que adoitan ser propiedade do condutor que o explota de xeito autónomo, traballando en exclusiva para unha empresa determinada, e o camión vai rotulado co nome e logos desa empresa. Pero é o traballador-propietario quen vai pagando o custoso camión co produto do seu traballo.
E cando hai algún tipo de conflito entre empresas e transportistas, os camioneiros están no medio e medio do problema pero non representan á patronal, senón que normalmente son a parte máis feble, a que paga os pratos rotos.
Tiñan que saber tamén os terroristas agresores que nestes grandes camións os condutores dormen nas mesmas cabinas, dunha banda, aforran gastos importantes nos hoteis, e doutra porque así poden precisamente vixiar camión e carga que doutra maneira estarían desguarnecidos durante a noite, a expensas de calquera roubo ou destrución. E visto está que fan ben en permanecer vixiantes día e noite para evitar – como estes dous transportistas fixeron- a destrución dos seus vehículos, xa que aínda que o lume afectou á caixa, a cabeza tractora, o máis valioso do vehículo, pudieron salvala.
Cóidase que os danos supuxeron máis de corenta mil euros, arredor de sete millóns de pesetas, que a saber se o seguro cobre, pero aínda que así sexa sempre quedará o problema do susto, da tranquilidade presente e futura, do tempo preciso para amañar os desperfectos ou conseguir un novo remolque. Os malfeitores ben poden estar seguros de ter provocado un sentimento de desprezo e odio polo seu facer, que seguro tampouco os afecta demasiado.
Sempre pensamos que estas cousas non poden pasar perto de onde nós vivimos. Estas cousas pásanlle aos demáis, e sempre moi lonxe. As catástrofes pasan sempre en lugares subdesenvolvidos, e os criminais teñen un ambito xeográfico de actuación que nunca coincide coas fronteiras dos nosos pobos ou comarcas.
E de súpeto comprobamos que si, que os bárbaros poden existir entre os civilizados, que os delincuentes nacen ou se fan en calquera lado, e que hai que ser moi desalmado para tentar queimar un camión cun condutor dentro.
Mágoa, Vilalba, ter que falar desta barbaridade en lugar da ceremonia deste sábado pasado no Muíño do Rañego, onde se investiron "Chairegos de honra" a Xosé Neira Vilas e á súa dona, Anisia Miranda.
Pero un fala do que ten que falar e non do que lle gostaría. Feitos coma este merecen a repulsa de todos, e a miña queda dita.
Foto: Cristina Arias/El Correo Gallego

Said
Xulio non eres máis esaxerado porque o prohíben a Constitución e o Estatuto de Autonomía.
Said
Xulio non eres mais esaxerado porque o prohíbe a Constitución e o Estatuo de Autonomía de Galiza.
Said
Xulio, ti sabes ben que Vilalba está sempre fora da normalidade, e estas cousas desafortunadamente non suceden por casualidade.
Tal vez se tivera que enterar un ben de que pasa realmente para que sucedan cousas como esta.
Eu que son moi escéptico, non creo que fora un feito casual.
De ter que arremeter contra alguén, de seguro que non se escaparia de ser alguén relacionado coa Crise que nos meteron ás costas sin comelo nin bebelo.
Non trato de xustificar nada, senón de situarme no escenario en que suceden os feitos, e dende logo non creo que seña un acto terrorista.Salvo que a alguén lle interese que seña tratado así o acontecido.
Máis carraxe me dán os problemas sociais, xa non derivados da crise, senon xa anteriores a esta.
O problema supoño que é o mesmo de sempre.Hai moita inxustiza.