Hoxe, día 21 de febreriro, abríu a súa programación especial dedicada ao novo audiovisual galegoa O Fantasporto, Festival Internacional de Cinema de Porto. Galiza, coma cinematografía convidada nesta edición, estará presente ata o 26 de febreiro nun ciclo no que se poderan ver 6 longametraxes e 10 curtametraxes galegas dos dous últimos anos, seleccionadas pola Axencia Audiovisual Galega da Consellaría de Cultura e Deporte.
A programación galega en Fantasporto presenta seis longametraxes que amosan diferentes modelos de produción, estilos e tendencias que se están a desenvolver no audiovisual galego actual. Tamén se proxectan dez curtametraxes que desde distintos enfoques se sitúan no xénero fantástico.
Sábado 21 de febreiro, 15.15 h
Domingo 22 de febreiro, 17.15 h
Luns 23 de febreiro, 21.00 h
Martes 24 de febreiro, 15.15 h
Martes 24 de febreiro, 19.15 h
Sesión de curtametraxes:
Mércores 25 de febreiro, 15.15 h
Xoves 26 de febreiro, 23.00 h
Na escolla de Galiza como cinematografía convidada, o Fantasporto tivo en conta o bo momento que está a vivir o audiovisual do noso país con moitas e diversas producións. Nos últimos anos fíxose habitual a presenza de títulos de coprodución galega no cartel do Fantasporto. O obxectivo desta escolma que se vai proxectar en Porto é ofrecer unha panorámica ampla que permita un achegamento á diversidade creativa do noso audiovisual.
Na homenaxe do Fantasporto ao cinema galego haberá lugar para actividades paralelas. Destaca a realización de mesas redondas sobre o audiovisual galego-portugués, o papel das coproducións e os festivais na promoción do cinema para o gran público. Galiza será protagonista ademais da sesión de peche do festival.
Fantasporto naceu en 1981 en Porto, e desde entón vense celebrando todos os anos no mes de febreiro. Ao longo deste tempo consolidouse como un dos máis importantes festivais de cinema fantástico de Europa. Ademais da proxección de longametraxes e curtas, no seu programa teñen cabida conferencias, mesas redondas, exposicións, actuacións teatrais, etc.

- "O hospital", de Iván Seoane (curtametraxe);
- "O espírito do Bosque", de David Rubín e Juan Carlos Pena (animación), secuela de "O bosque animado" que amosa o extraordinario momento que vive a animación galega.
Domingo 22 de febreiro, 17.15 h
- "O cerco", de Martiño Vazquez Baño (curtametraxe);
- "Eloxio da distancia", de Felipe Vega (documental), un fresco estacional sobre a relación do home e a natureza nas montañas orientais de Lugo.
Luns 23 de febreiro, 21.00 h
- "A flor máis grande do mundo", de Juan Pablo Etcheverry (curtametraxe de animación);
- "A noite que deixou de chover", ópera prima de Alfonso Zarauza, un fermoso paseo intemporal por Santiago de Compostela.
Martes 24 de febreiro, 15.15 h
- "12007", de Diego Torres (curtametraxe);
- "Pedro e o Capitán", de Pablo Iglesias, que adapta un relato homónimo de Mario Benedetti cun amplo recetario formal para tratar o enfrontamento dramático de dous actores.
Martes 24 de febreiro, 19.15 h
Sesión de curtametraxes:
- "A revolta dos mousses", de David Gen (animación);
- "Auga", de Xosé Antón Perozo "Ozo";
- "O pintor dos ceos", de Jorge Morais;
- "Santiago de sangue", de Francisco Calvelo;
- "Cousas do Kulechov", de Susana Rei.
Mércores 25 de febreiro, 15.15 h
- "Rafael", de Xavier Bermúdez, unha análise sobre o voyeurismo e a obsesión panóptica.
Xoves 26 de febreiro, 23.00 h
- "A meiga chuchona", de Pablo Millán (curtametraxe de animación);
- "Pradolongo", de Ignacio Vilar, un filme que aborda o efecto da chegada do progreso sobre os modos de vida tradicionais.
Na escolla de Galiza como cinematografía convidada, o Fantasporto tivo en conta o bo momento que está a vivir o audiovisual do noso país con moitas e diversas producións. Nos últimos anos fíxose habitual a presenza de títulos de coprodución galega no cartel do Fantasporto. O obxectivo desta escolma que se vai proxectar en Porto é ofrecer unha panorámica ampla que permita un achegamento á diversidade creativa do noso audiovisual.
Na homenaxe do Fantasporto ao cinema galego haberá lugar para actividades paralelas. Destaca a realización de mesas redondas sobre o audiovisual galego-portugués, o papel das coproducións e os festivais na promoción do cinema para o gran público. Galiza será protagonista ademais da sesión de peche do festival.
Fantasporto naceu en 1981 en Porto, e desde entón vense celebrando todos os anos no mes de febreiro. Ao longo deste tempo consolidouse como un dos máis importantes festivais de cinema fantástico de Europa. Ademais da proxección de longametraxes e curtas, no seu programa teñen cabida conferencias, mesas redondas, exposicións, actuacións teatrais, etc.
0 comentários :
Danos a túa opinión