En breve o Instituto de Estudos Chairegos de Vilalba vai presentar a edición da obra completa do escritor José Luís García Mato. Con este motivo e co fin de promocionar a Wiki Bibliografía Chairega incorporamos ás nosas galerías de imaxes unha selección das portadas de vinte títulos representativos da literatura feita na Terra Cha e extraídos todos eles do devandito portal.
Evidentemente, non están todos os que son, polo que non é difícil percibir nesta pequena mostra ausencias destacadas. Con todo, como adoita suceder con este tipo de proxectos, a wiki atópase permanentemente “en construcción”, polo que aos poucos iranse incorporando novos títulos aos máis de oitenta (non todos polo de agora con ficha técnica) que até este mesmo momento xa se poden atopar.
As vinte portadas amosadas nesta exposición virtual inclúen desde un libro editado a principios do século XX, Horas de frebe, poemario de 1925 de Carmiña Prieto Rouco, cantora de Vilalba e autora da letra do “Himno da Terra Chá”, até algunhas publicacións máis recentes, do ano 2006, xa en pleno século XXI, como poden ser os poemarios Libres pensamentos, de Pilar Maseda, Poemas do tempo silenciado, de Miguel Barrera ou a novela Magyar Posta, de Paulo Naseiro, un dos poucos exemplos presentes deste xénero literario, como se pode percibir contemplando o conxunto aquí exposto.

Máis información: http://chaira.wikispaces.com
0 comentários :
Danos a túa opinión