Polo ensino en galego, con independencia de quen goberne



Francisco López


Está a chegar o 25 de xullo, o día da Patria, e como é tradición o galeguismo manifestaráse, a maioiria en Compostela, e o esforzo da militancia nacionalista encherá as rúas e a Quintana. Ao día seguinte a prensa contará a asistencia, nunca se dirán cantos estivemos, sempre haberá erros interesados, mais o día seguinte o país, a Galiza, seguirá sen mudanza apreciábel, cecáis nos ssrvira para coller folgos e non desesperar.



Mais podemos ter soños: “que en Compostela 3.000 galeguistas decidiran crear unha rede financieira, que 3.000 galeguistas decidisen crear unha rede agrícola, que 3.000 galeguistas apostaran por crear unha rede industrial, que 3.000 galeguistas promoveran unha rede de comunicación galega, que 3.000 galeguistas innovaran coa creación dunha rede de ensino en galego. Sumariamos 15.000 asistentes, aínda quedarían máis para facer outros 3.000.



Se algún destes soños se cumpriran, o 25 de xullo do 2009 non sería un día máis de tradición, senon o comezo do cambio da historia de Galiza cara a súa afirmación como pobo.



Se cadra podemos, aproveitando a existencia dunha iniciativa en marcha para crear unha rede popular de ensino en galego, que en xullo pasará dos 600 compromisos en tan só tres meses de vida, e quere xuntar 3000 para maio do 2010, e impartir ensino en galego no ano 2011. A tarefa ben merece o apoio do galeguismo, dos bos e xenerosos. Se esta arela de ensino en galego se dera acadado, a nosa lingua tería unha ferramenta de resistencia e de pulo para garantir o seu futuro.



Os mariñeiros galegos co Prestige amosaron o camiño. Deixaron claro que o choro non resolve os problemas, que se tiñan que poñer a traballar, aínda sen medios, para sacar o chapapote. Os promotores da rede popular de ensino en galego, están a facer o mesmo, son quen e van a facer ensino en galego, con independecia de quen goberne. A súa proposta é transparente, e os seus nomes son públicos, para todo o mundo. Para máis información pódese consultar na rede, visitando o enderezo http://limiargalego.blogspot.com/ , está se atopa toda a información da iniciativa. Xa é tempo de que o galeguismo de salón, de moqueta, de pose, de choro, o formal deixe facer e apoie ao galeguismo real, o do berro da Galiza en pé, para que poida facer e construir país.

7 de xul. de 2009

0 comentários :

Danos a túa opinión