O pasado venres, día 9, os membros da Iniciativa para o Galego “Galego. Patrimonio da Humanidade” fixemos unha rolda de prensa en Santiago, na Galería Sargadelos.
A Iniciativa para o Galego “Galego. Patrimonio da Humanidade” non intenta ser unha organización, senón un punto de referencia e un espazo argumentativo, a ocasión para renovar as retóricas de defensa do galego e facelas máis eficaces e inclusivas, con maior poder de interpelación social. Somos unha voz máis entre outras. Non queremos patrimonializar algo que non é noso, como non é noso o Pórtico da Gloria. Queremos, iso si, que os bárbaros -este goberno- non o destroce despois dunha noite de botellón.
O que publicitamos foi un acto a celebrar o día 14 de Novembro, sábado, ás doce horas da mañá, no Teatro Principal de Santiago.
Alí estarán os secretarios xerais de CCOO, Xosé Manuel Sánchez Aguión e de UXT Galicia, José Antonio Gómez, acompañados por membros dos seus sindicatos. Tamén estarán presentes xentes do socialismo galego. Que o PSdeG faga estes xestos ostensibles de colaboración na defensa do idioma é algo que debe ser valorado en todas as súas dimensións.
Por suposto estarán acompañándonos tamén rostros significativos do mundo do nacionalismo, da cultura, académicos da RAG, profesionais de diferentes ámbitos -da avogacía, da medicina, da economía, do xornalismo-, xentes de toda a compleza multiformidade social.
Por suposto, chamamos a cidadanía a que se una a nós a un acto modesto -ata tal punto somos unha iniciativa cívica que non temos un euro nin para contratar a megafonía-, feito, iso si, coa paixón de quen defende cousas boas e coa ira que da contemplar como catro persoas que se cren con dereito a berrar máis que os demais, subidos nunha caixa de fruta, son capaces de segregar tan mala bile. Se alguén dubida deste punto, ademais de acudir a certas declaracións do goberno non exactamente acertadas ou educadas que pinche nos foros de GB. O sectarismo, o fanatismo, a inimiga contra todo o que non sexa a súa visión estreita do mundo campa polos seus respeitos. É a España casposa, carca, dogmática e intolerante de sempre, vestida con nova roupaxe.
A España inimiga da diversidade, da pluralidade, da tolerancia. “A que despreza canto ignora” en frase de Antonio Machado. A que non entende que o bo de España é a súa pluralidade e o seu multilingüísmo. A que, educada por Franco, segue pensando que o único idioma verdadeiro é o castelán e que hai que suprimir os outros, salvo para a poesía ou para falar na casa. Se realmente quixeran a España, e non estiveran enamorados do seu propio fanatismo, entenderían que a diversidade é un don, e que combatila é un pecado… pero esta xente non entende nada. Non dialoga, só sabe facer proselitismo. Inútil esperar por razóns equilibradas e ecúanimes..
Queremos que ese acto poña en evidencia que a defensa do galego, a oposición á actual liquidación que Feijóo e o seu goberno están poñendo en marcha, non é patrimonio dos nacionalistas, coma esa dereita interesadamente quere facer ver, senón que o galego é un patrimonio común de todos os galegos, independentemente da súa profesión, situación social, ideas, ou calquera outra característica idiosincrática que cadaquén poda ter.
Podes querer que o galego perdure se és castelán falante, se és inmigrante, católico, protestante ou xudeu, se che gusta fumar en pipa, ou eres abstemio, se amas o cine de terror ou fártaste de repetir as dos irmáns Marx ou as de Audrey Hepburn, se che da polo heavy, ou aínda andas nos Beatles. Se estás por Xoel López ou por Andres Calamaro.
Mesmo se votas ou és do PP podes estar pola defensa do galego e por combater contra este novo cinismo dos actuais dirixentes desta pandilla de neo-pijos. Sen meterse en profundidade, un pode facer notar que a orixe social de moitos dos membros deste goberno, comezando pola do seu presidente é bastante modesta, e de medios maioritariamente galego falantes. Tal vez por iso queiran poñer terra de por medio. Terra de por medio do seu propio pasado, do lugar de onde veñen. É a explicación máis clásica entre todas, a máis repetida, pero iso non significa que sexa falsa.
Os meus amigos castelán falantes non teñen problema algún co decreto do 50-50. Ao contrario: queren que os seus fillos teñan esa oportunidade de coñecer o idioma do noso pasado e agardemos que tamén do noso futuro. Non se trata dun combate entre comunidades lingüísticas como estes energúmenos pretenden suxerir.
Tampouco se trata dun combate entre os que queren a independencia de Galicia e os que queren que España sexa un estado federal, ou aqueles aos que lles gusta a cousa como está -a comunidade autónoma coas competencias de hoxe-. Todos poden querer o galego.Este é un país libre, unha democracia que a uns nos costou algun perigo ou algún esforzo axudar a traer. Alguns tivemos ese entusiasmo: o da liberdade. Aos que pretenden a imposición do castelán eu, polo menos, non lembro que estiveran do mesmo lado. Moláballes o retrato de Franco. E o de Millán Astray, ao parecer.
Dinnos que o galego é unha imposición. Pero os mesmos que afirman iso de leis votadas por parlamentos democráticos -un detalle que solen esquecer- non teñen reparo en negar o dereito e a liberdade das mulleres a interromper o seu embarazo, nin erguen a voz porque non se poda escoller, nos centros privados e concertados, outra asignatura que relixión. É a Lei do Embudo. Un uso ventaxista dos conceptos. Falacias repetidas que acaban tomando corpo.
Tamén nos aseguran que os dereitos son individuais, que non hai dereitos colectivos. ¿Sería bo que cada traballador negociase de modo individual co seu patrón?. ¿Non sería esa liberdade outro modo de consagrar o dereito do máis forte?.
Aqueles que son tan ciumentos dos dereitos dos pais ¿ignoran que a educación é un dereito que busca a igualdade de oportunidades e que os pais comenten un delito se non envían aos seus fillos á escola que é obligatoria e universal?. Ignoran que un pai non é libre para golpear ou maltratar ao seu fillo. ¿Que existe esa cousa, a lei, que regula as relacións sociais?
Acaso os cínicos que falan de imposición do galego son anarquistas que pretenden a destrucción do Estado? Ignoran que, en España, coñecer o castelán é un imperativo legal consagrado pola Constitución?. Non, non o ignoran. De feito, o fondo do seu argumente é ese: que só se impoña un idioma, e que os outros queden desprotexidos das leis que garantizaban a súa igualdade co castelán. O que queren é a liquidación dos idiomas non casteláns porque, no seu delirio, razonan como aqueles independentistas que só conciben aos paises cun único idioma. No fondo pensan que o galego é un idioma estranxeiro… son fanáticos que se ignoran a si mesmos.
Fanáticos que, iso si, son defendidos polo actual goberno galego e que contan cunha axuda de corifeos numerosa. Por medios de comunicación, clubes financeiros -as redes do conservadorismo galego máis añoso-. Fanáticos que xogan coas cartas marcadas. Máis tempo ao tempo. Xa o dixo Lincoln “Pódese enganar a alguns algún tempo, pero non se pode enganar a todos todo o tempo”.

0 comentários :
Danos a túa opinión