Iago Castro e Rui C. Martíns
"Se imaginássemos que os Estados centrais implodiam, a Galiza e o Norte de Portugal formam claramente um país, partilhando características muito próprias"
José Albino Da Silva Pereira
Entrevista no Jornal de Notícias 19/12/09
José Albino Da Silva Pereira
Entrevista no Jornal de Notícias 19/12/09
O autor desta frase é nin máis nin menos que o presidente do Conselho Económico e Social da República Portuguesa, recentemente eleito por maioría de dous terzos na Asemblea da República, membro do Partido Social Democrata, ex-deputado europeu e ex-ministro de emprego e Segurança Social nos gobernos de Cavaco Silva.
Cada vez somos máis os que concordamos nesta idea. De facto, é a que fai que esteamos a escreber estas liñas, a catro mans, dous minhotos que hai tempo nos tratamos de compatriotas, a pesares de termos diferentes pasaportes, e que ultrapasamos constantemente esa fronteira cada vez máis artificial.
Nesta Europa que procura, por primeira vez na historia, unha identidade común, as identidades particulares que forman o conxunto cobran cada vez máis importancia. É neste proceso de construción onde ten sentido repensar a identidade minhota como referente común a máis de seis millóns de persoas que viven en ambalasdúas beiras do pai Minho e que comparten sinaladas características comúns alén da língua e a cultura.
O contexto actual débenos facer reflexionar sobre as posibilidades desa “implosión” dos estados actuais que Da Silva tan só imaxina. Portugal leva xa demasiado tempo mergullado nunha fonda crise que o centralismo lisboeta non contribúe a minguar. Alén diso, a fracasada regionalizaçao sometida a referendo en 1998, e que a caste política non tomou abondo en serio, obtivo sen embargo na altura un claro respaldo nas zonas urbanas do norte -trunfou o si en Porto, Matosinhos, Viana do Castelo, etc.- Pola contra, a alta abstención e a negativa global do electorado relegaron ao esquecemento unha reforma a cada paso máis necesaria, debido á crecente conciencia de boa parte da poboación “periférica” portuguesa do cada vez maior desequilibrio en cuestións como as infraestruturas, o gasto público, etc.
Na España, pola súa banda, non é política-ficción pensar nunha secesión catalá máis próxima do que poida parecer, e non axuda nada esoutro centralismo madrileño incapaz de pactar un modelo de estado máis plural e integrador que o actual. Neste escenario, unha España sen Catalunya, quedaría por ver se é posíbel manter o actual status quo entre as diversas “nacionalidades e rexións” que proclama o texto constitucional.
É por iso que, alén de ideoloxías ou sentimentos, deberiamos comezar a pensar nas cousas que nos unen, nas enormes posibilidades deste país que, aínda dividido entre dous estados, posúe un serio potencial de futuro. A re-unión das Galecias lucense e bracarense precisa que tomemos conciencia de sermos algo máis que bos veciños.

Said
Dades na diana, e xusto o que reclama a pobo.
Said
Aínda que os temas identitarios son espiñentos, parece que esta idea se vai abrindo paso, non tanto entre os galegos como entre moitos portugueses norteños. A crise, como ben dicides, está a cambiar moitas opinións, e a posibilidade dalgún xeiro de asociación con Galicia non se ve con malos ollos. O que pasa é que ó mellor é un debate a moi longo prazo.
Rosalía
Said
Creo que é necesaria expandir a opinión de que somos máis alleos a Madrid que ao norte de Portugal.
Xa o dí un chiste:Dous nenos, un preguntalle a outro, como é que os da outra beira do río,o Minho,chámanlles extranxeiros e aos de Madrid non?.Cousas irracionais máis existen.
Temos máis en común có Norte de Portugal que con Espanha.
FENDETESTAS
Said
Por razóns obvias, o amigo Fendetestas ten razón e calquera dos outros dous comentarios tamén son certeiros. Como residente da outra beira do Miño (Levo 20 anos vivindo en Vigo, por razóns profesionais) hai que engadir que a gran diferenza que existe entre os que viven alén da raia e os que fan máis alá é de prezos. É certo que falamos, nesta zona, practicamente a mesma lingua, que somos iguais en moitas cousas, pero lembrando o exemplo do café de Zapatero debo dicir que aqui custa 1,10 € en calqueira bar, mentre que alí 0,50 € nunha boa cafetería. Por desgraza, para os nosos compañeiros do sur ese medio euro é moito máis caro que o que podamos pagar nos. Portugal, para os que o viven dia a dia, non é tan barato. Os franceses tamén dín que o Estado español é barato. Compartimos nos esa opinión?.
XAN DO MUÍÑO
Said
Non creo que sexa o que o pobo pide como di anonimo 1.
Particularmente sintome mais en sintonia cun de Madrid,Bilbao,Sevilla, etc. que cun de Oporto, Lisboa, etc.
Que tivemos un pasado comun, lingua comun e certo mais o paso do tempo fai que todo troque.
Tamen e certo que o nacionalizamo galego ten en Portugal a sua grande utopia, totalmente alleo ao resto da poboacion galega.
Said
Estimado Anónimo anterior, creo que non entendes ben a cousa, e menos en termos políticos dados os comentarios.
Pode que te sintas e tes o teu dereito, máis en sintonia con un de Madrid, ou Sevilla?.
O que eu entendo é que dende todo punto de vista, (engadido o político), por razóns históricas empíricas somos máis semellantes a un Portugués do Norte, digamos ata Porto que con un Madrileño ou Sevillano, outra cousa é o Cantábrico, xa que eu non me identifico con un Portugués do Sur, como este non se identifica con outro do Norte.Dito o anterior, tí saberás que mesmo o Parlamento Europeo fala da Eurorexión Galiza-Norte de Portugal.Dende o ponto de vista económico, (que ao fin é o que interesa), a nós os Galegos convennos máis a relación có veciño Portugal que con Madrid ou Sevilla ou Valencia; dende este ponto de vista é o que hai que mirar sin olvidar a "conexión" que xa temos Cultural ou Histórica.
Poño por exemplo o Aeroporto de Porto, a nosoutros vennos mellor que Madrid mesmo para facer unha viaxe turística, por ser Internacinal, e o que esto conleva, ou transporte de mercadorias, ou calquera outra cousa, o mesmo que nos somos rendibles a Portugal en outros aspectos.Convennos para ter máis Infraestructuras, caso do Ave, ou das Autoestradas, incluso na ultima folga de Asteleiros en Vigo, moitos Galegos foron a Viana de Castelo a traveso das suas empresas a traballar alí.
En fin, está ben o que dis máis é moito romántico pero pouco práctico.Galiza-Norte Portugés, pode ser unha plataforma de despegue maior para Galiza, e non o digo eu, o din en Europa, ou é que te sintes tan de Bucarest como de Lugo?.
FENDETESTAS
Said
Eu flipo nachos. Seica uns vivimos en Madrid (non temos máis remedio), pero outros vivides en Matrix.
Said
Millor en Matrix non si?
Said
Non sei que che diga, pero penso que a realidade é sempre millor que unha ilusión colectiva con pouco fundamento.