"El rostre de la terra", de Cesáreo Sánchez

Redacción

Hoxe mércores 17 de febreiro, ás 20,00 horas na Galería Sargadelos de Barcelona, vai ser presentado o poemario "El rostre de la terra", do poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, en edición bilingüe galego-catalá. O poemario foi publicado por Ed. Periferic Poesía, encargándose da tradución ao catalá Xulio Ricardo Trigo.Estarán presentes no acto Pura Salceda, Xulio Ricardo Trigo e o autor, Cesáreo Sánchez Inglesias.

Cesáreo Sánchez Iglesias é unha das figuras máis representativas da xeración poética dos oitenta na Galiza. Foi un dos dinamizadores do movemento asociativo cultural dos setenta, sendo fundador da Agrupación Cultural Lóstrego en Madrid, da Agrupación Cultural Avantar de O Carballiño, exercendo a presidencia da Agrupación Alexandre Bóveda da Coruña. Foi director editorial de Edicións A Nosa Terra e presidente do semanario do mesmo nome. Actualmente é presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

17 de feb. de 2010

1 comentários :

  • Mañá venres día 26 de febreiro, ás 15,30
    > horas, o poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de
    > Escritores en Lingua Galega, vai presentar no C.P.I. de Maside (Ourense) o
    > seu último libro "O paraíso das sombras", nun encontro cos alumnos e
    > alumnas do centro de ensinanza de secundaria.
    >
    > O autor aproveitará o acto para facer unha doazón de parte da súa
    > biblioteca persoal á biblioteca do centro.

    25 de febreiro de 2010, 22:42

Danos a túa opinión