Moncho Paz
Sempre fun partidario de resolver os problemas con decisión, sen andrómenas nin medias tintas: con claridade. Aprazalos significa mantelos vivos e que, cada certo tempo, aparezan e desaparezan como as augas do Guadiana. Esta actitude non vai precisamente con Mariano Rajoy, cuxos longos silencios teñen unha primeira e inequívoca interpretación: quen cala, outorga.
“Bárcenas vai continuar como senador nas filas do Grupo Popular… supoño”. Estas foron as contundentes declaracións de Rajoy dende Sevilla, onde se atopaba celebrando o vinte aniversario da chegada de Aznar á presidencia do PP. Un evento interno cunha repercusión mediática desproporcionada e que non acabo de entender, pois a mensaxe que transmite é que Aznar segue presente nas decisións desta forza política, un feito que non favorece en absoluto o liderado de Rajoy nin o seu proxecto de centro reformista, agás para manter vivos varios milleiros de votos dos sectores máis conservadores da sociedade.
E nisto chegou Romay... aínda que en realidade sempre estivo aí. O político de Betanzos non será un tesoureiro calquera, sobre todo cando hai escasamente tres meses foi nomeado responsable de Boas Prácticas do PP, o encargado de recuperar a ética perdida. É un home acostumado a dirixir dende a sombra, o eterno político que decide motu proprio mover os fíos do poder dende a segunda fila. É o factótum, a persoa de plena confianza. Compre estar atentos a estes movementos no taboleiro popular, pois poden supoñer o trampolín definitivo para Feijóo como líder estatal do PP.
Esperanza Aguirre, coas súas declaracións na Asemblea de Madrid dicindo que foi ela quen destapou a trama Gürtel, está a piques de formar parte do pasado. Ruiz Gallardón queimou as súas barallas hai tempo. Rajoy parece ter os días contados. E o futuro do PP –para ben ou para mal– escribirano Feijóo e Basagoiti, baixo a tutela de Romay, cuxo reforzado papel no partido será un dos principais motivos de celebración na festa dos populares, o vindeiro domingo en Compostela.

0 comentários :
Danos a túa opinión