Con motivo do Día Internacional da Liberdade de Prensa que se celebra hoxe, a Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE) fai un chamamento ao recoñecemento do xornalismo como un ben de interese público e reivindica un plan de axudas aos medios de comunicación condicionado ao mantemento dos postos de traballo. As asociacións federadas e vencelladas á FAPE lamentan a inédita devastación do emprego xornalístico, coa perda de 3.351 postos de traballo desde novembro de 2008 ata a actualidade, segundo os datos rexistrados no Observatorio para o seguimento da crise coordinado pola FAPE.
Cando celebramos unha efeméride que enxalza a independencia profesional, temos que prestar maior atención á precariedade laboral e á destrución de emprego, convertidos hoxe nos principais inimigos da liberdade de prensa das sociedades democráticas. O dereito da cidadanía á información reséntese cando o emprego dos xornalistas está en perigo ou a mercé de intereses espurios, apegados á economía ou o poder, cando os persoais dos medios de comunicación adelgazan drasticamente e sobrecargan cun volume de tarefas inxentes aos poucos compañeiros que quedan nas salas de redacción, o que reduce a calidade do produto xornalístico.
Con redaccións descapitalizadas, xornalistas sobrexplotados e editores que antepoñen os seus intereses ao dereito da cidadanía a recibir unha información libre e plural, o produto malógrase, a profesión perde credibilidade e o exercicio xornalístico desvíase da súa función democratizadora.
Ante esta tripla crise do sector -de modelo, conxuntural e de credibilidade-, esiximos un esforzo de entendemento entre os diferentes axentes do sector para fortalecer o labor dos xornalistas, como ben público e de interese común, beneficioso para o fortalecemento das sociedades democráticas:
- Ás Administracións, pedímoslles que non permitan a competencia desleal e confíen a súa comunicación a xornalistas. Un organismo interno debería centralizar as axudas públicas dirixidas aos medios e un externo, realizar o seguimento dos progresos alcanzados polos beneficiarios. Solicitamos a aprobación de leis que fixen os criterios de concesión desas axudas.
- Aos portavoces públicos, esixímoslles o fin das comparecencias sen preguntas e das declaracións enlatadas que non ofrecen senón información propagandística, que anula a función fiscalizadora dos medios de comunicación.
- Ás empresas públicas, instámoslles a que sexan exemplares no respecto aos profesionais, establezan unhas condicións laborais dignas e fagan unha xusta valoración do seu traballo con remuneracións e tarifas respectables. Observamos con preocupación casos moi significativos para a profesión, como o da Axencia EFE e chamamos a atención da súa dirección para que mude de rumbo e volva a unha xestión modélica.
- Ás empresas xornalísticas, que sofren o castigo da crise, correspóndelles apostar agora pola calidade e o bo xornalismo como única garantía de futuro. Rexeitamos a chegada ao sector de empresarios alleos á información, desconocedores do papel social que a nosa Carta Magna encomenda aos medios de comunicación e que moitas veces renuncian ao beneficio colectivo en favor de intereses persoais.
- Aos profesionais, esixímoslles observancia dos códigos deontolóxicos e das máis elementais normas do bo xornalismo: rigor, pluralidade de fontes, independencia e respecto máis absoluto á verdade. Se os xornalistas non achegamos valor engadido, seremos irrelevantes.
- Á cidadanía, convidámola a manter unha actitude activa na defensa do dereito á información e invitámola a loitar pola vixilancia da liberdade de prensa. As 48 asociacións federadas na FAPE e as 13 vencelladas a ela lembramos nesta data que a información é un dereito do cidadán á vez que unha obriga do xornalista, ao que lle foi encomendado este exercicio a través dos medios de comunicación. O Día Internacional de Liberdade de Prensa é unha xornada para defender unha democracia de calidade sometida ao control e a crítica. A FAPE aproveita que a UNESCO dedica este día ao “dereito a saber” para urxir unha vez máis a aprobación dunha lei de acceso á información pública de todos e para todos.

0 comentários :
Danos a túa opinión