O vindeiro venres 7 de maio actuará á unha da mañán no Pub Tropicana de As Pontes con entrada libre o grupo de Funk fusión instrumental do baixista Álvaro Muras ofrecendo unha variedade de estilos cun repertorio propio e momentos de improvisación con interactividade dos músicos co público.
O proxecto instrumental, formado por tres músicos (batería, guitarrista e baixista) creouse pola necesidade de ofrecer algo diferente e orixinal influenciado polos sons dunha música libre e aberta. Nas súas actuacións, ás veces, créanse formas paralelas de fusionar outras artes. A creación dun cadro ou un grafiti xunto ás improvisacións dun grupo de música é a forma coa que presentamos esta inquietude artística. A procura de puntos de unión entre as melodías e os ritmos coas cores e as formas dan o resultado destes momentos de fusión entre dúas artes. A música e as artes plásticas.

0 comentários :
Danos a túa opinión