Acto público en Ferrol de Galiza co Galego

Redacción

A Comisión de Galiza co Galego está a facer diferentes accións para por en marcha as primeiras escolas infantís en lingua galega (novas galescolas) que permitan o inicio da rede popular de ensino en galego.

Nesta semana están a ter reunións coas direccións da ASPG (Asociación Socio-Pedagóxica de Galicia), Nova escola Galega (Asociación pedagóxica de ensino), Sindicato de ensino STEG e a CIG de ensino, e diversas asociacións, como o Ateneo Ferrolán.

Das xuntanzas mantidas están a informar a todos os membros do movemento Galiza co Galego e socias/os pola web e por medio de actos públicos.

Así este sábado (día 5 de Xuño de 2010) ás 7 da tarde en Ferrol no local do Ateneo Ferrolán farase un acto público no que que están todas e todos convidados. En especial fan unha chamada a todas as persoas anotadas de Ares, As Pontes, Cabanas, Cariño, Cedeira, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, Valdoviño e comarca de Ferrolterra en xeral.

No acto explicarase o traballo desenvolvido en mais dun ano e entre todas e todos buscan os participantes queren robustecer o proxecto.

2 de xuño de 2010

0 comentários :

Danos a túa opinión