Redacción.-
Hoxe venres, ás 12:30 horas, tivo lugar a presentación no Rexistro Xeral do Concello de Vilalba do dossier elaborado pola Plataforma Cívica " A Alameda, espazo da nosa memoria". Este movemento cidadán conta ana actualidade cun amplo apoio nas redes sociais de Internet (769 persoas en Facebook e 57 en Tuenti), ademais das 174 sinaturas acadadas a través da Rede, que se acompañan como documentos no dossier presentado esta mañá no Pazo do Consistorio de Vilalba.
Os responsables da Plataforma Cívica achegaron tamén un resumo de prensa -onde se pode comprobar a repercusión mediática desta iniciativa- e unha escolma das actividades realizadas nos diversos centros educativos de Vilalba durante o pasado mes de novembro, co deseco qde que os rapaces da nosa vila contribúan a que as decisións que se tomen no futuro sexan de xeito contrastado, consensuado e de respecto ao medio ambiente. A presentación do dossier no Concello correu a cargo da poeta María Xosé Lamas, que estivo acompañada polo xornalista Moncho Paz.

0 comentários :
Danos a túa opinión