Moncho Paz.-
Despexadas numerosas dúbidas sobre se as vindeiras eleccións autonómicas e municipais serán un axuste de contas con Zapatero, comezan a activarse as alertas en plena precampaña. Atopamos dúas actitudes contrapostas: unha contida euforia no PP, ante os resultados que ofrecen determinadas enquisas, e a redefinición estratéxica no PSOE, preparado para afrontar o proceso sucesorio e designar un novo líder. Como é habitual, Mariano Rajoy continúa coa súa política de laissez faire, dando renda solta a declaracións esporádicas e oportunistas de personaxes como Aznar e Mayor Oreja, máximos expoñentes da dereita radical española. “Trátase de atender a todas as parroquias”, confesaba o outro día un dirixente das filas populares.
Con este escenario, dá a sensación de que as cousas non están tan mal como pintaban hai uns meses. Rajoy non vai ter precisamente un camiño de rosas antes das eleccións lexislativas. A marcha de Zapatero fortalece claramente ao PSOE, como admitía esta semana o presidente do Goberno na entrevista que concedeu en YouTube, realizada a partir das preguntas formuladas por máis de 4000 cidadáns de 63 países.
En Madrid apréciase moito movemento nas últimas semanas. As enquisas prognostican unha ampla victoria de Esperanza Aguirre ao fronte da Comunidade, deixando mal parado a Tomás Gómez, alias “Invictus”, que se viu una obriga de retirar da fachada da sede do PSM o cartel no que aparecía a súa imaxe como protagonista da película de título homónimo ao seu alcume. Veremos se Gómez é capaz de manter o tipo e se poñen por fin dacordo na “casa dos líos”, onde as liortas internas son frecuentes dende a época de Leguina e Acosta.
Voltando a Aznar, fontes ben informadas indican que o pasado martes xantaba no reservado dun coñecido restaurante de Madrid con Rodolfo Martín Villa, relevado hai uns meses da presidencia de Sogecable, o holding audiovisual de Prisa. Contarán con el novamente no PP para moderar o seu discurso e evitar a mobilización do electorado de esquerdas? Unicamente acompañaba a Aznar ao acto desa noite en Salamanca? Era unha reunión interna de FAES, onde Martín Villa figura como vogal do padroado? Verémolo en breve. Por certo, o díscolo Francisco Álvarez Cascos, tras o desaire con Mariano e a presentación da súa candidatura á presidencia do Principado por Foro Asturias, segue como membro da Fundación de Aznar. Por que será?

0 comentários :
Danos a túa opinión