Concertos de Bandas Sonoras

Redacción.-

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria patrocina xunto á Deputación da Coruña o ciclo ‘Concertos de Verán 2012 Bandas Sonoras’, que levou a Carballo o pasado 27 de xullo a interpretación da Orquestra Sinfónica de Melide da música especialmente composta para películas e que continuará nos concellos de A Coruña (5 agosto) e Melide (15 agosto).

Baixo a dirección do titular da formación orquestral, Fernando Vázquez Arias, esta serie de recitais, que se desenvolverá en recintos abertos e ao aire libre, conta coa participación como solistas de Susana de Lorenzo, Irene Ruíz e Belén Rey, ademais do grupo rock The Cerne e do Ballet Atlántico, que tamén interveñen no escenario.

O ciclo de concertos, que a Consellería de Cultura copatrocina a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), iníciase este venres 27 de xullo na Praza do Concello de Carballo, para continuar o 5 de agosto na Praza de María Pita da Coruña e o 15 de agosto na praza do Concello de Melide. Estas serán as primeiras localidades que acollerán esta iniciativa, á que poden sumarse outros destinos na provincia da Coruña durante o resto do verán.

O programa do espectáculo inclúe as principais bandas sonoras escritas para a gran pantalla, de distintas épocas e estilos. A interpretación da Orquesta Sinfónica de Melide actúa como fío condutor a través dos distintos temas que executa; e un corpo de baile escenifica, mediante a danza, algunhas das secuencias do cine nas participan tamén os vocalistas convidados.

Sinfónica de Melide

A Orquestra Sinfónica de Melide nace a finais de 1993, ao abeiro do Conservatorio de Música de Melide. Integrada inicialmente por alumnos deste centro, ten evolucionado nos últimos tempos a unha maior profesionalidade e madurez artística, o que lle permite enfrontar proxectos artísticos e musicais cada vez más complexos.
Fiel á súa filosofía de apostar polos valores musicales autóctonos, estrena numerosas obras de autores gallegos, ao tempo que convida a solistas de renome, especialmente nos seus xa tradicionais Concertos de Nadal que son transmitidos pola Radio Galega.

En 1999 estrenou a Cantata Melidá, á que o programa de RNE Clásicos Populares dedicou un monográfico; e realizou una gala lírica durante a celebración do Xacobeo, gravada integramente pola TVG. No ano 2000 colabora con distintos concertos dentro do programa Milenio Festival en Santiago de Compostela, e en 2001 levou a cabo una gira por Galicia con espectáculo A Música do Cine.
Á fronte da orquestra e como director titular sitúase desde a súa fundación o coruñés Fernando Vázquez Arias.

5 de ago. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión