'Poética da viaxe' en Sargadelos

Redacción.-

O Instituto de Estudios Chairegos de Vilalba organiza o vindeiro xoves, 25 de abril de 2013,ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Galería Sargadelos de Lugo , a presentación do libro de XOSÉ OTERO CANTO “POÉTICA DA VIAXE (Doce horas de poesía)”, editado polo propio IESCHA co patrocinio da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo (Área de Cultura).

O acto contará coa participación de CAMILO GÓMEZ TORRES, Profesor, escritor e Doutor en Filoloxía; XOSÉ LUÍS VÁZQUEZ SOMOZA, Profesor, escritor e Director do IES "Lucus Augusti"; XULIO XIZ RAMIL, Licenciado en Ciencias da Educación e Mestre, e MANUEL CASTRO SANTAMARIÑA, Presidente do IESCHA. A presentación estará amenizada polo saxofonista FRAN CUPEIRO que interpretará temas clásicos do jazz de mediados do século XX.

Como explica o autor ao comezo do libro,“Bernardo García Cendán era a persoa que tiña a encomenda de escribir o prólogo deste poemario, mais o destino non o quixo"... Non obstante, si quixo o autor incluír “a xeito de limiar” a fermosa carta de felicitación de Bernardo aos seus amigos no Nadal de 2011.

Os poemas que compoñen o libro distribúenseen tres capítulos que se corresponden cos tres medios de transporte utilizados polo autor nunha viaxe por Europa:
1.-VIAXE EN AUTOBÚS LUGO-MADRID (28-10-2010 Noite de Luz)
2.-VIAXE EN TREN KRAKÓW-WARSZAWA (31-10-2010 Nas entrañas feras da noite)
3.-VIAXE EN AVIÓN WARSZAWA-MADRID (3-11-2010 No branco silencio)

24 de abr. de 2013

0 comentários :

Danos a túa opinión