Identificación de anfibios e réptiles


Redacción.-

O próximo sábado, 11 de maio ás 10:30 h realizarase un curso sobre a Identificación teórico-práctica dos anfibios e réptiles de Galicia, impartida por Martiño Cabana Otero (AGCT/UdC). Comezarase cunha charla na Casa das Insuas, Rábade, e a partir das 12:00 farase unha visita a diversas zonas da Terra Chá con grande interese herpetolóxico (Lago de Cospeito, Catro Muíños, etc). Os que queiran participar deberán levar comida e auga e roupa e calzado de abrigo (Debido ás enchentas, mellor catiuscas ou botas altas).

1 de maio de 2013

0 comentários :

Danos a túa opinión