Redacción.- Magyar Televízió (tamén coñecida como MTV) é a compañía de televisión pública de Hungría.
Recentemente foi testigo do reencontro de dous xornalistas lugueses, Moncho
Paz (de Vilalba) e Manolo Rodríguez (de Sarria), ex-redactores do xornal El
Progreso de Lugo, que se atopaban en Budapest por motivos profesionais.
A MTV
foi fundada en 1954 como parte de Magyar Rádió e funciona como un organismo
independente da radio pública desde 1974; actualmente o grupo xestiona dúas
cadeas de televisión -con cobertura en toda Hungría- e un servizo adicional
que emite as sesións do Parlamento húngaro a través de Internet. Asemade, MTV
é membro activo da Unión Europea de Radiodifusión e parte do grupo hungaro
MTVA desde 2011. Para máis información poden visitar a páxina www.mtv.hu
|
0 comentários :
Danos a túa opinión