Redacción.- O Seminario de Estudos "Terra de Viveiro" organiza as Xornadas sobre o centenario do Heraldo de Vivero, que terán lugar entre o 29 de xullo e o 5 de agosto no Centro de Maiores de Novacaixagalicia (Pastor Díaz 58 - Viveiro).
As xornadas estarán acompañadas pola mostra 100 anos do 'Heraldo de Vivero' - A imprenta en Viveiro, que foi inaugurada onte ás 19 horas no Salón de Exposicións do Conservatorio de Música de Viveiro (Xardíns Noriega Varela).
O primeiro número do Heraldo de Vivero apareceu o 17 de febreiro de 1912 editado
polo liberal Benigno López Muñoz. Estaba dirixido por Pedro Pérez Barreiro, que finou en 1912, sucedeuno Esteban Fernández
Temprano e
despois Antonio Vale; continuou Francisco García ata 1923, cando
Benigno López traspasoulle a Ramón Canosa a responsabilidade de dirixir e
imprentar o periódico. Por mor da Guerra Civil española tivo
que deixar de publicarse en 1937, volveu saír brevemente de1963 a 1966. En 1966 unha aplicación estrita da "Lei Fraga" obrigou a
pechar o periódico durante un ano. En 1968 dirixido
por Xosé Trapero Pardo volveu
á rúa con periodicidade semanal. O seu actual director é Juan Carlos Neira Brochs, fillo de Luis Neira, que foi impresor, redactor
e director durante décadas.
0 comentários :
Danos a túa opinión