Curso de recebo de paredes


Redacción.-

Desde a Asociación Galega de Custodia do Territorio continúase coa aposta para a promoción das diferentes artes e oficios tradicionais que traballan de maneira respectuosa co material que a natureza nos ofrece. A cestería, a xardinería e, neste caso, a bioconstrución con barro son algún exemplos de actividades profesionais ligadas á nosa natureza.

Nesta ocasión contan con Guido Tomasini, artesán e bioconstrutor, para achegarnos ao uso do barro para o recebo de paredes. A xornada constará dunha breve parte teórica e moita práctica para que os asistentes poidan coñecer as virtudes deste material.

Ofrécense dúas sesións (cada asistente debe seleccionar un día) na Casa das Insuas, en Rábade, o domingo 28 de xullo ou o sábado 3 de agosto, de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00. O prezo da xornada formativa é de 20 € (socios) e 30 € (non socios).

24 de xul. de 2013

0 comentários :

Danos a túa opinión