Música ao natural en Rábade

Redacción.-

O vindeiro 29 de setembro, no auditorio da Casa das Insuas, en Rábade, teremos unha nova xeira de Música ao Natural.

Música ao Natural é un pequeno ciclo de concertos, que poderá perpetuarse no tempo, se conta co apoio popular. Aproveitando viaxes de músicos nacionais e internacionais, organizaamos unha serie de concertos no auditorio da casa das Insuas, para gozar, neste entorno natural tan singular, de música tamén ao natural, dun xeito acústico e próximo ao público.

Os concertos fináncianse coa colaboración do público e nun futuro, esperamos poder contar cun número suficiente de subscritores para que a iniciativa siga adiante.

Un dos propósitos deste ciclo é valorar a música como traballo, como medio de vida, e apoialo coa nosa colaboración. Pero Música ao Natural, tamén considera importante valorar a artesanía, a autosuficiencia... o traballo vinculado á terra e aos oficios que nos falan da nosa tradición. Así, propoñemos unha sorte de troco: será benvido todo produto artesán, ou de cultivo propio para cambialo polo concerto.

Con esta iniciativa, pretendemos:
1- Abrir un espazo á creación, e poder establecer un circuíto moi singular, para gozar -a poucos centímetros- de proxectos acústicos de músicos de primeiro nivel internacional.
2- Aprender e gozar de culturas doutros lugares.
3- Ofrecer cultura de calidade no rural.

Moitas veces lamentámonos pola pouca sensibilidade que mostran as institucións pola cultura, pero a cultura é responsabilidade de todos; é hora de actuar.

Despois dos concertos, poderemos conversar cos músicos compartindo comida e bebida procedente de comercio xusto e produción ecolóxica dispensada pola Cova da Terra.

Actúa.
Colabora.
Difunde.
Disfruta.

Nesta sesión de Música ao Natural estará connosco o dúo Cuperio Yukhnevich presentando o novo Cd, COMPROMISCUO

Será o día 29 de setembro ás 20:30 horas na Casa das Insuas.

Imprescindible reservar praza no enderezo:
concertosaonatural@gmail.com


Colaboración: 6 euros

Para os nenos que asistan ao concerto, Cupeiro Yukhnevich fará un pequeno didáctico sobre instrumentos insólitos ás 19:30 h.

Máis información en casadasinsuas.org

20 de set. de 2014

0 comentários :

Danos a túa opinión