Obradoiro didáctico no Torrente

Redacción.-

Con motivo da 23 edición do Premio Internacional de Gráfica Máximo Ramos, o vindeiro sábado 25 de outubro ás 11:30 horas realizarase no Centro Torrente Ballester unha actividade didáctica para nenos de entre 7 e 10 anos. A actividade iníciase cunha visita guiada na que se proporcionarán as claves para entender de forma sinxela os principios da arte gráfica e a súa evolución até a actualidade. O obradoiro desenvolverase a continuación e consistirá en:

1. Realización dunha colaxe creativa a partir de recortes de revistas.
2. Os nenos poderán aplicar os conceptos aprendidos facendo a súa propia estampación nunha bolsa para personalizala.
Facilitarase o material necesario para todos os exercicios.

Poden consultarse as bases e descargarse aquí o formulario de inscrición para os interesados, que deberán remitir ao correo electrónico info@centrotorrenteballester.com ou presentar no Centro Torrente Ballester antes do xoves 23 de outubro.

Horario: Sábado 25 de octubre de 11:30 a 13:30 horas
Idades: Entre 7 e 10 anos.
Prazas: máximo 12 prazas
Lugar: Centro Torrente Ballester

21 de out. de 2014

0 comentários :

Danos a túa opinión