Micoloxía en Cortegada e outras novas

Redacción.-

O venres 16 de setembro ás 20:30 invitámosvos á presentación da Guía micológica de la Isla de Cortegada de Saúl de la Peña Lastra. A Illa de Cortegada é un lugar cunha diversidade fúnxica excepcional na que se teñen detectado máis de 800 especies de fungos, sendo descritas varias novas especies para a ciencia. Nesta guía faise un repaso pola meirande parte das especies presentes, sendo unha obra de grande interese micolóxico e naturalista.

Por outra banda, o sábado 17 de setembro realizaremos unha saída pola Reserva da Biosfera de Terras do Miño para observar elevada biodiversidade de libélulas e cabaliños do demo existentes neste territorio. Invitámosvos a participar nesta xornada que comezará ás 11:00 na Casa das Insuas, Rábade (Lugo) e visitaremos diferentes ríos, lagoas e humidais da zona.
É necesario traer roupa e calzado de campo cómodo así como bebida e comida para o xantar.
Inscrición gratuíta e máis información en custodiadoterritorio@gmail.com ou no 630-94.82.93.

14 de set. de 2016

0 comentários :

Danos a túa opinión