Redacción.-
Este venres 20 de xaneiro ás 19:30 no C.E.N Casa das Insuas (Rábade, Lugo), Joe Núñez-Miño, Doutor en ecoloxía tropical, falaranos do traballo que o Bat Conservation Trust (a maior entidade das que traballan no estudo e conservación dos morcegos en Europa) realiza con estes mamíferos voadores no Reino Unido.
Esta charla encádrase nas actividades previstas polos compañeiros de Drosera neste 2017 para celebrar os 10 anos do seu programa de conservación e estudo dos morcegos "Morcegos de Galicia" .
0 comentários :
Danos a túa opinión