Redacción. -
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, remata a programación do ciclo de cine galego proxectando outra das películas finalistas dos Premios Mestre Mateo 2021, LÚA VERMELLA, do director LOIS PATIÑO, que terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o vindeiro sábado 29 de maio, ás 19:30 horas.
LÚA VERMELLA
Dirección: LOIS PATIÑO
Sinopse:
Nunha vila da costa galega o tempo parece terse detido.
Tódalas persoas están paralizadas aínda que se poden oír as súas voces: falan de pantasmas, de meigas, de monstros. Ao lugar chegan tres mulleres buscando ao Rubio, un mariñeiro da vila que desapareceu no mar.
ACTORES
Ana Marra
Carmen Martínez
Pilar Rodlos
Rubio de Camelle
EQUIPO TÉCNICO
Dirección, guión e dirección de fotografía: Lois Patiño
Produtor executivo: Zeitun Films - Felipe Lage
Coprodutor: Amanita Films - Iván Patiño
Montaxe: Pablo Gil Rituerto - Óscar de Gispert - Lois Patiño
Deseño de son: Juan Carlos Blancas
Dirección de produción: Nati Juncal
Axudante de dirección: Adrián Orr
Auxiliar de dirección: Cora Patiño
Dirección de arte: Jaione Camborda
Son: Aníbal Menchaca
Vestiario: Judith Adataberna
A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO POR MOTIVOS DE CONTROL DE AFOROS E OUTRAS MEDIDAS SANITARIAS, HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO BEN DIRECTAMENTE NA CASA DA CULTURA DE VILALBA.
0 comentários :
Danos a túa opinión