Presentación de 'O pau de ferro'

Redacción. -

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración co Concello de Vilalba, organiza a presentación do libro O PAU DE FERRO, de XOSÉ MANUEL FELPETO CARBALLEIRA, que terá lugar na Casa da Cultura de Vilalba o vindeiro venres 4 de xuño de 2021, ás 20:00 horas.
Intervirá no acto o autor do libro XoséManuel Felpeto, que será presentado pola presidenta do IESCHA, Marisa Barreiro.
A ENTRADA SERÁ DE BALDE E TERANSE EN CONTA AS MEDIDAS SANITARIAS DERIVADAS DA COVID19.

O AUTOR E A SÚA OBRA
“Xosé Manuel Felpeto, un home nacido, criado eamante de Cabreiros, é unha persoa moi coñecidana vila que o viu nacer xa hai uns cantos anos, leva máis de 20 presidindo a asociación de veciños e é culpable dunha gran parte da actividade cultural da contorna. Amante das letras, ten moita tradición na escritura, á que se achegou dende sempre, decidiu apostar pola novela. A idea levaba tempo rondando pola súa cabeza e finalmente decidiu rematar o proxecto e dar o salto final buscando un editor.
“Fixen sempre colaboracións con outras xentes, sempre coporativamente pero o que
era editar eu só supoñía un paso grande e agora xa está dado”, relata.

Prexubilado de Endesa, Felpeto empregou os dous últimos anos neste proxecto, O pau 6de ferro, unha novela de pequenas cousas e grandes lembranzas. Nela, seguimos a pegada na vida de Brais, dende o seu nacemento, nunhas condicións duras, ata os 25 anos, cando xa ten a súa vida encauzada.
Brais é un rapaz do rural, un rapaz que pon de relevo esas pequenas cousas da vida de todos, todas esas que están ao redor “esas pequenas cousas tan necesarias e amadas sempre preto de nós dende menos, ás que tanto lles debemos”.

Afirma Felpeto que non é autobiográfica pero ao mesmo tempo todos os lectores poderán atopar nela un trozo da súa alma, e moitas das súas lembranzas.
“Aqueles que xa a leron coinciden en sinalar que hai pasaxes nos que se atopaban eles
mesmos, porque son vivencias que todos os que nacimos entre os 50 e os 80 podemos
ver reflectidas, igual os máis novos están máis desubicados pero a intención non é
esa”, recalca.

O pau de ferro recolle tamén seis ilustracións de Leandro Lamas. Cando o autor apostou por incorporar esta apoio visual á súa historia “en quen ía pensar máis que en el, ademais de amigo e compañeiro ten unha grandísima calidade artística”, explica. “O que intentei con este libro é que reflectira unha amizade, a comunicación entre xeracións, a sapiencia dos nosos maiores e lembrar detalles como a escola unitaria, as mestras de antes, esas pequenas cousas que son a vida mesma”, conclúe (…).“ (https://galiciaxa.com/2021/03/tcxa/zonas-tcxa/xermade-tcxa/69717/)

31 de maio de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión