Redacción. -
A fundación DIDAC presenta a exposición "A outra metade. A muller na historia do deseño" e un libro homónimo escrito por David Barro. No marco da mostra, o director editorial de Experimenta, Marcelo Ghio, impartirá a conferencia "Publicar diseño" coincidindo co IX ENAD-Encuentro Nacional de Diseño.
Do 28 de setembro ao 24 de outubro de 2021 A outra metade. A muller na historia do deseño fai un percorrido histórico dende unha óptica internacional, aínda que atendendo especialmente ao caso galego, un enfoque inédito que permitirá descubrir algúns nomes esquecidos e abrir novas portas ao relato do deseño galego. Un deseño entendido desde un sentido amplo, no que se cruzan tamén a artesanía e a arte contemporánea.
Sábado 16 de outubro ás 17 h. Conferencia de Marcelo Ghio, director editorial de Experimenta, na Fundación DIDAC
"Publicar diseño" é o título da charla de Marcelo Ghio, que xirará en torno á importancia de consolidar o pensamento teórico, a difusión da actividade profesional e o rol dos medios no seu vínculo cos colectivos profesionais.
Marcelo Daniel Ghio é director de OXB Branding (Madrid / Buenos Aires), director Editorial de Experimenta Libros e de Experimenta Magazine (Madrid), consultor en branding e xestión estratéxica de comunicación.
Esta charla enmárcase nas actividades paralelas do IX ENAD-Encuentro Nacional de Asociaciones de Diseño.

0 comentários :
Danos a túa opinión