Mercedes Peón presenta 'Ingrávida'

Redacción. -

Logo de 20 anos da estrea do seu primeiro disco Isué, Mercedes Peón ofrécenos esta xira comezsndo o 2 de abril en Vilalba e percorrendo temas dos seus 5 discos editados en solitario, chea das influencias das recollidas de campo que fixo durante 25 anos polas aldeas, dos traballos cinematográficos ou para danza. Este concerto está acompañado polos grupos de pandeireteiras Raigañas, Xirifeiras, por voces de ConcertoTempo, polo dúo Caamaño&Ameixeiras, Mónica de Nut e Ana Fernández. A cabalo do acústico e da electrónica, Xira Ingrávida é unha festa de celebracióndesta efeméride e unha homenaxe a persistencia da creación colectiva, que é un xeito de mirar o mundo.

As entradas do 2 de abril estarán dispoñibles proximamente no espazo web www.entradasvilalba.es

28 de mar. de 2022

0 comentários :

Danos a túa opinión