Que opinamos sobre o parque acuático?

Iago Castro

A zona recreativa de A Madanela conta dende hai pouco tempo cun novo atractivo, o parque acuático construído en boa medida grazas aos fondos europeus que manexa a Fundación para o Desenvolvemento Comarcal da Terra Cha, e presupostado en máis de 420.000 euros.
As opinións dos vilalbeses parecen divididas, non tanto sobre a necesidade dun equipamento así, senón no que toca á súa máis ca discutíbel estética ou á prioridade do investimento.
Animádevos a deixar vosa opinón tocando a opción "comentarios" baixo este texto, ou votade unha das opcións da enquisa que aparece na parte esquerda da páxina.
Que opinamos os vilalbeses sobre o parque acuático?

29 de feb. de 2008

0 comentários :

Danos a túa opinión