Redacción
Vai para catro anos que nos falta a súa rexa voz, a súa presenza telúrica, firme. Os seus versos cheos de dignidade e de emoción pola terra, polas xentes.
O poeta nacional, o cantor da Chaira deixounos, entre outros prezados tesouros, o sinxelo ao tempo que monumental poemario Terra Cha.
O poeta nacional, o cantor da Chaira deixounos, entre outros prezados tesouros, o sinxelo ao tempo que monumental poemario Terra Cha.
Vilalba, dona da Chaira,
soportando un ceo gris:
¡sobre a gracia da abelaira
anda a cantar o malvís
Só estes versos merecen a lembranza inmorrente de quen quixo ler na capital do seu amado recuncho vital o discurso de ingreso na Academia Galega, de quen cantou como ninguén aos nosos poetas.
soportando un ceo gris:
¡sobre a gracia da abelaira
anda a cantar o malvís
Só estes versos merecen a lembranza inmorrente de quen quixo ler na capital do seu amado recuncho vital o discurso de ingreso na Academia Galega, de quen cantou como ninguén aos nosos poetas.
Carmiña Prieto Rouco, abidueira,
carpaza florecida, cotovía,
orballeira de luz, voz verdadeira
da Terra cha senlleira e largacía.
_____
Amigo García Mato, "Guedelliñas",
raioliña de sol entre a negrura,
carballeira sagrada, fonte pura,
namorado pastor das anduriñas.
carpaza florecida, cotovía,
orballeira de luz, voz verdadeira
da Terra cha senlleira e largacía.
_____
Amigo García Mato, "Guedelliñas",
raioliña de sol entre a negrura,
carballeira sagrada, fonte pura,
namorado pastor das anduriñas.
Poeta da Terra, con maiúscula, compromiso de país. Poeta da terra, con minúscula, verdadeiro antropólogo dun tempo que xa non existe.
¡A terra arada e labrada
só quere ser sementada!
só quere ser sementada!
_____
Non canta na Chá ninguén.
Por eso o meu carro canta.
Canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.
_____
A gracia da abidueira
atopou o seu destino,
¡fíxose zoca chinela,
apreixa un pé feminino!
Por eso o meu carro canta.
Canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.
_____
A gracia da abidueira
atopou o seu destino,
¡fíxose zoca chinela,
apreixa un pé feminino!
Poeta das xentes que durante séculos lle arrincaron á terra os seus frutos nun exercicio de supervivencia cotiá.
¡O home da Terra Chá
ten a alma mancada!
ten a alma mancada!
Quen serán os novos iñorantes, e férridos e duros? Quen serán os bos e xenerosos que, antes que despois, lle dediquen unha das mellores rúas da vila ao seu cantor, ao cantor da Chaira?
Vilalba, milagre en flor,
con recendo a centeeira,
¡que fermosura, ai amor,
andar o Campo da Feira!
con recendo a centeeira,
¡que fermosura, ai amor,
andar o Campo da Feira!
Said
Manuel María merece a rúa, pero xa o IESCHA solicitou do Concello que a Casa da Cultura se chamara Manuel María, e a resposta foi mutis por el foro. Silencio administrativo negativo. Deben estar agardando a que morra Fraga para poñelo a él como adalid da cultura.
Said
Dende logo si alguén merece ter unha Rua en Vilalba, non pode ser outro que Manuel María, pois sobran motivos para que seña así.
É posiblemente a persoa que máis deu a coñecer, e coñeceu a nosa vila.
Dende logo na miña experiencia teño gratos recordos do Manuel, como falaba con aquel ton de voz tan ritmico, da nosa vila e dos nosos poetas e como coñecia o noso Concello.
Si non é unha Rúa pode ser unha Praza ou Local, e merecente de que así seña.
Said
A ninguén lle debe estranar que non haxa rúa en Vilalba para Manuel María. Con todos os respectos, este señor non era vilalbés e aínda que foi o cantor da Terra Chá, o seu chaireguismo non xustifica necesariamente unha adicatoria deste tipo. Temos moitos vilalbeses que desempeñan unha importante laboura social, que foron dende xornalistas ate médicos, pasando por avogados e incluso escritores célebres que aínda non teñen ningunha rúa ou outra homenaxe que os lembre.
CHS