Iago Castro
O tópico adoita situarnos aos galegos no medio dunha escaleira en actitude, parece ser, que dificulta aos naturais doutras terras saber se subimos ou baixamos. Xamais entendín o por que desta crenza tan estendida alén do Padornelo, se cadra debido a que non podo desprenderme da miña condición de natural de Gal... ...desta Terra.
Sen embargo, é posíbel que nos defina mellor o título da novela de Otero Pedraio protagonizada por Adrián Solovio, que representa dalgunha maneira as voltas que deron os compoñentes da Xeración Nós a través de diversos -ismos deica chegar ao fondo compromiso co país que acabou por convertelos nun fito fundamental da nosa historia.
Arredor de si, máis que nada, porque lle damos ben voltas ás cousas. Somos o pobo que, pouco despois dunha das maiores manifestacións da nosa historia en demanda de autonomía, pasamos olímpicamente de ir votar no referendo estatutario. O mesmo pobo que se indignou coas aldraxes coas que o goberno Aznar adornou o afundimento do Prestige e consolidou pouco despois a hexemonía do PP precisamente nas zonas máis afectadas pola catástrofe.
Somos os falantes dunha língua que, na expresión oral, presenta unha unidade pouco habitual, pero xa perdemos a conta das propostas normativas que, nos últimos corenta anos, trataron de impor a súa hexemonía na escrita. Así explica a wikipedia a evolución dunha das normas, a oficial:
En resumidas contas, somos catro gatos, pero un escribe en castelán, outro en galego e castelán, segundo lle pete, outro só en galego baixo a normativa oficial e outro nunha especie de portugués só que trocando as terminacións -ão por -om e cousas polo estilo. Unha secuencia temporal dos nosos desencontros podería identificarse cun letreiro indicador de estrada. Se en 1971 poñía "Teijeiro", en 1975 tería o "j" emborranchado cun "x" pintado a esprai. Cara a 1985 a Xunta xa tería reemprazado o letreiro cun flamante "Teixeiro", o lenzo idóneo para que un reintegrata vaia pór os "j" no seu sitio. E dálle voltas, morena...
Despois estamos os que raiamos na esquizofrenia. Tan orgullosos da independencia do noso idioma como do seu parentesco tan cercano coa língua portuguesa, pero salvando as distancias, que as hai, e moitas, despois de setecentos anos de afastamento da unha e da outra.
E agora, para darlle aínda máis voltas, ven o das dúas Xuntas: a de Galicia e a de Galiza. Non imos entrar en debates políticos, iso aínda nos enredaría máis. A cuestión que se prantexa é a dun país que nin sabe como se chama. En serio. A Consellaría de Cultura pregúntalle á Academia e esta di Galicia, aínda que nas normas que aprobou no 2003 aparezan ambalasdúas fórmulas como válidas, e despois sae todo o mundo a deixar clara unha cousa: nin sequera nunha cuestión tan básica e fundamental nos imos pór de acordo.
Dende que a RAG o tolerou eu escribo Galiza, como se pode ver en anteriores artigos. Non é unha postura política, nin moito menos. Teño matinado moito sobre o particular, e cheguei a dúas conclusións: os meus trasavós, cando aínda non era ilegal compoñer os documentos públicos en galego, antes da doma y castración, puñan Galiza. Por outra banda, e así enfío co comezo, a Xeración Nós, que tanto significa para a nosa historia e a nosa cultura, recuperou e normalizou o topónimo medieval. Sempre en Galiza, titulou Castelao a súa obra cume. Galiza sempre.
Pero non penso prantexar batalla ningunha. Non tal. Se algo tan ridículo nos vai ter dando máis voltas perpetuamente, sería mellor tratar de chegar a un acordo o antes posíbel. Como facían os tratantes nas feiras, nin para ti nin para min. Troquemos o nome do país. E aí vai unha idea: unha votación entre varias propostas mediante SMS no programa Luar. A miña modesta aportación, ao fío daquelo de Nación de Breogán que por nada se mete no nonnato Estatuto II, chamémoslle Breogania! Imaxinen... Xunta de Breogania, La Voz de Breogania, Real Academia Breoganesa, Breogania Calidade...
iago.d.castro@hotmail.com
Sen embargo, é posíbel que nos defina mellor o título da novela de Otero Pedraio protagonizada por Adrián Solovio, que representa dalgunha maneira as voltas que deron os compoñentes da Xeración Nós a través de diversos -ismos deica chegar ao fondo compromiso co país que acabou por convertelos nun fito fundamental da nosa historia.
Arredor de si, máis que nada, porque lle damos ben voltas ás cousas. Somos o pobo que, pouco despois dunha das maiores manifestacións da nosa historia en demanda de autonomía, pasamos olímpicamente de ir votar no referendo estatutario. O mesmo pobo que se indignou coas aldraxes coas que o goberno Aznar adornou o afundimento do Prestige e consolidou pouco despois a hexemonía do PP precisamente nas zonas máis afectadas pola catástrofe.
Somos os falantes dunha língua que, na expresión oral, presenta unha unidade pouco habitual, pero xa perdemos a conta das propostas normativas que, nos últimos corenta anos, trataron de impor a súa hexemonía na escrita. Así explica a wikipedia a evolución dunha das normas, a oficial:
A variedade estándar ou padrón, fixada a medias entre o ILG e a RAG, inicialmente constaba só con indicacións morfolóxicas e ortográficas, as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (NOMIG), publicadas en 1983 e aplicadas no dicionario da RAG de 1997 (unhas trinta mil palabras) e reformadas en 2003, pero coa publicación do VOLG en 2004 definíronse de facto tamén coma normas léxicas. Isto non implica que o que non apareza no VOLG non sexa normativo, posto que non é amplo dabondo para recoller todo o léxico galego.
Co tempo, a cuestión parece que se reduce a dúas posturas: o isolacionismo (o galego é unha língua independente) e o reintegracionismo (o galego é unha variante da língua galego-portuguesa), todavez que a reforma de 2003 foi o suficientemente xenerosa para integrar aos partidarios da normativa de mínimos proposta pola AS-PG en 1980.En resumidas contas, somos catro gatos, pero un escribe en castelán, outro en galego e castelán, segundo lle pete, outro só en galego baixo a normativa oficial e outro nunha especie de portugués só que trocando as terminacións -ão por -om e cousas polo estilo. Unha secuencia temporal dos nosos desencontros podería identificarse cun letreiro indicador de estrada. Se en 1971 poñía "Teijeiro", en 1975 tería o "j" emborranchado cun "x" pintado a esprai. Cara a 1985 a Xunta xa tería reemprazado o letreiro cun flamante "Teixeiro", o lenzo idóneo para que un reintegrata vaia pór os "j" no seu sitio. E dálle voltas, morena...
Despois estamos os que raiamos na esquizofrenia. Tan orgullosos da independencia do noso idioma como do seu parentesco tan cercano coa língua portuguesa, pero salvando as distancias, que as hai, e moitas, despois de setecentos anos de afastamento da unha e da outra.
E agora, para darlle aínda máis voltas, ven o das dúas Xuntas: a de Galicia e a de Galiza. Non imos entrar en debates políticos, iso aínda nos enredaría máis. A cuestión que se prantexa é a dun país que nin sabe como se chama. En serio. A Consellaría de Cultura pregúntalle á Academia e esta di Galicia, aínda que nas normas que aprobou no 2003 aparezan ambalasdúas fórmulas como válidas, e despois sae todo o mundo a deixar clara unha cousa: nin sequera nunha cuestión tan básica e fundamental nos imos pór de acordo.
Dende que a RAG o tolerou eu escribo Galiza, como se pode ver en anteriores artigos. Non é unha postura política, nin moito menos. Teño matinado moito sobre o particular, e cheguei a dúas conclusións: os meus trasavós, cando aínda non era ilegal compoñer os documentos públicos en galego, antes da doma y castración, puñan Galiza. Por outra banda, e así enfío co comezo, a Xeración Nós, que tanto significa para a nosa historia e a nosa cultura, recuperou e normalizou o topónimo medieval. Sempre en Galiza, titulou Castelao a súa obra cume. Galiza sempre.
Pero non penso prantexar batalla ningunha. Non tal. Se algo tan ridículo nos vai ter dando máis voltas perpetuamente, sería mellor tratar de chegar a un acordo o antes posíbel. Como facían os tratantes nas feiras, nin para ti nin para min. Troquemos o nome do país. E aí vai unha idea: unha votación entre varias propostas mediante SMS no programa Luar. A miña modesta aportación, ao fío daquelo de Nación de Breogán que por nada se mete no nonnato Estatuto II, chamémoslle Breogania! Imaxinen... Xunta de Breogania, La Voz de Breogania, Real Academia Breoganesa, Breogania Calidade...
iago.d.castro@hotmail.com
0 comentários :
Danos a túa opinión