Segundo recolle o xornal El Progreso, Xerardo Criado declarou, en relación ao conflito da plantilla vilalbesa de Urbaser que "esta é unha folga empresarial e non dos traballadores", pola que a empresa tenta presionar ao Concello.
A información asinada por Cristina Pérez tamén se fai eco da petición formulada polo alcalde á Subdelegación do Goberno para que prohíba as manifestacións diante do consistorio, que lóxicamente non foi atendida.
Paréceme que ás veces algúns políticos estarían mellor calados. Non é imprescindíbel abir a boca para dedicarse á política, e se non que lles pregunten a varias ducias de deputados e senadores que xamáis dixeron nin pío, e que cobran o mesmo ca os demais.
Neste caso, unha certa precaución sería necesaria. Explícome: A lexislación laboral española prohíbe os paros patronais. O dereito á folga corresponde únicamente aos traballadores. Por tanto, se dende o consistorio hai a máis mínima dúbida sobre quen está detrás do conflito, deberían acudir á fiscalía. Primeiro, por unha grave falta contra o dereito laboral e, segundo, por un incumprimento de contrato evidente por parte da empresa. Tirar a pedra e agachar a man non é maneira de solucionar o problema. Desgrazadamente, parece que esa é unha táctica máis que habitual no número 1 da Praza da Constitución, como vimos vendo nos últimos anos.
O de tratar de sacar as manifestacións de diante do Concello explícase por si mesmo. Lémbrame a certo alcalde de Madrid que propuxo construír un "manifestódromo" para que as múltiples protestas que tiñan lugar no centro da capital do Estado non causaran tantos perxuízos. Iso chámase mexar fora do testo. Precisamente, quen protesta busca a maior repercusión posíbel, e calquera limitación que non estea relacionada coa garantía da orde pública é un atentado contra dereitos básicos consagrados en calquera ordeamento democrático. Ergo: Causan algún problema de orde pública os empregados de Urbaser na porta do Concello? Pois entón, Sr. Criado, estea calado, que vostede nos representa a todos.
E, last but not least, o que se ve é un intento de espallar culpas por todas partes cando hai unha cuestión moi, moi básica: acaso gobernaba outro partido cando se adxudicou o contrato de recollida do lixo? O PSdG talvez? Foi outro partido o que tolerou os reiterados incumprimentos do contrato por parte de Urbaser? O BNG acaso? Quen decidiu que a taxa de recollida de lixo estea por baixo dos custes reais do servizo? O Labour Party de Tony Blair?

Said
Pero que credibilidade ten o ALcalde Gerardo Criado? e o seu equipo de Goberno?.
Quen ten que cumplir co Concello e Urbaser, e esta cós empregados, vixiando o Concello que se cumpran os requisitos da Empresa Urbaser cós seus empregados e punto.
Que se deixe de milongas e faga algo para que Vilalba non morra na súa propia miseria.