António Lobo Antunes e o Nobel


Redacción

A Academia Sueca anunciará mañá o gañador do Premio Nobel de Literatura. Entre os candidatos, hai algúns nomes que xa veñen sonando dende hai anos, como Mario Vargas Llosa, Philip Roth, Amos Oz, Haruki Murakami, Antonio Tabucchi ou António Lobo Antunes. O Consello Editorial de A Voz de Vilalba aposta por éste último (na fotografía), tras a rolda de votacións celebrada esta tarde no domicilio social do xornal. O segundo clasificado foi o escritor galego Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938), seguido dos estadounidenses Philip Roth e Don Delillo, o peruano Vargas Llosa e a brasileira Nélida Piñón, co mesmo número de votos.

António Lobo Antunes (Lisboa, 1 de setembro de 1942) é licenciado en Medicina, con especialidade de Psiquiatría. Entre 1970 e 1973 participou na última fase da guerra de liberación colonial de Angola, un tema recurrente en moitos dos seus libros. Actualmente vive en Lisboa e adícase exclusivamente á literatura e ao xornalismo. O pasado mes de setembro o xurado da Feira Internacional do Libro de Guadalajara decidiu que Lobo Antunes sería o gañador do premio FIL á Literatura en Linguas Romances. As principais obras de Lobo Antunes son:

- Memória de elefante (1979)
- Os cus de Judas (1979)
- A explicação dos pássaros (1981)
- Conhecimento do inferno (1981)
- Fado alexandrino (1983)
- Auto dos danados (1985)
- As naus (1988)
- Tratado das paixőes da alma (1990)
- A ordem natural das coisas (1992)
- A morte de Carlos Gardel (1994)
- Crónicas (1995)
- Manual dos inquisidores (1996)
- O esplendor de Portugal (1997)
- Olhares 1951-1998 (1999) (con Eduardo Gageiro)
- Exortação aos crocodilos (1999)
- Não entres tão depressa nessa noite escura (2000)
- Que farei quando tudo arte (2001)
- Segundo livro de crónicas (2002)
- Diálogos (2003)
- Boa tarde às coisas aquí em baixo (2003)
- Eu hei-de amar uma pedra (2004)
- História do hidroavião (infantil, 2005)
- D'este viver aquí neste papel descripto: cartas de guerra (2005)
- Ontem não te vi em Babilónia (2006)
- Sonetos a Cristo (2008)

8 de out. de 2008

0 comentários :

Danos a túa opinión