2009, ano Mariano


Moncho Paz

As novas previsións de Solbes, que por fin recoñece que entramos en recesión, desataron unha tormenta política e provocaron desánimo na cidadanía. Unha situación que está a ser aproveitada por algúns; como Mariano Rajoy, que non dubidou en afirmar que o vicepresidente económico debe deixar o seu cargo tras estas declaracións.

O líder popular reacciona con rapidez solicitando que outros se vaian; pero non é moi realista coa situación actual do seu partido cando rexeita a posibilidade de dimitir aínda que perdan as eleccións europeas de xuño. Ese será o seu terceiro asalto, antes terá dúas probas de lume. Que acontecerá se os resultados de Galicia confirman a tendencia que marcan as primeiras enquisas? E se en Euskadi o candidato Basagoiti fracasa?

Ese escenario suporía a apertura dun debate sobre o futuro político de Rajoy. De non ser así, estariamos ante outra contradición dun Partido Popular que debe encaixar moitas pezas na súa organización interna e na súa relación co laboratorio de ideas FAES. Por iso 2009 pode ser declarado ano Mariano, para ben ou para mal.
________________________________________
Artigo publicado en Xornal de Galicia e www.xornal.com

23 de xan. de 2009

13 comentários :

  • A verdade é que a situación de Mariano Rajoy e do conxunto do noso partido non é doada actualmente: en Navarra mal, en Madrid espiándose uns aos outros, en Cataluña líderes divididos, en Euskadi Basagoiti non arranca, en Europa non conseguimos relevar a Mayor Oreja, e en Galicia imos perder deputados con tanto birrete. E xa non quero entrar en detalles sobre Aznar, que di o que quere sen reparo de ninguén. Hai que refundar o Partido, que regrese don Manuel que isto non se pode aguantar (e, de paso, que nos cambien ao alcalde de Vilalba).

    Un votante popular de Vilalba Centro

    23 de xaneiro de 2009, 12:48

  • Non entendo como se pode manter un líder desta maneira, o do Sr. Rajoy non é mandato nin nada. Tampouco entendo porque nun pobo como este, onde o PP leva gobernando toda a vida, poden ter un alcalde de tan baixo nivel. A dirección do partido saberá; Palmou caeu por traballar pouco no seu pobo, e Agustín Baamonde mantense de momento, aínda que este alcalde non lle beneficia nada á súa laboura como deputado. Pesonalmente prefiro que nas próximas eleccións se presente Esther antes que Xerardo Criado. Non ten sentido que o manteñan. Miserias da política. Villalba debe ser un símbolo da recuperación do poder na Xunta, e cun alcalde como este nunca o conseguiremos.

    23 de xaneiro de 2009, 17:12

  • Soy de la carretera y votante del Pp de toda la vida; quiero que vuelva Tito Baamonde, con puro o sin él, y se lleven de una vez a este alcalde que no pinta nada. No entiendo por que lo mantienen, que intervenga Leira y se lo cargue de una vez.

    J. López

    23 de xaneiro de 2009, 17:20

  • Ni soy del PP ni me identifico con nada de ellos. Y ojalá mantengan a este alcalde porque así será más fácil que haya un cambio en las próximas elecciones.

    23 de xaneiro de 2009, 17:24

  • O do espionaxe en Madrid é moi forte. Mariano está agardando a ver si cae Espe e se quita un problema de enriba. E o de Cajamadrid é máis que preocupante, pois simboliza o control político das caixas de aforros. A proposta de Rajoy de que interveña o Banco de España, insólita.

    23 de xaneiro de 2009, 22:44

  • O alcalde de Vilalba foi posto có consentimento da cúpula do PP, outra cousa é que Gerardo faiga da súa Alcaldía un pandeiro.
    Dende logo, o continuismo do PP, que sempre tivo no Concello de Vilalba un viveiro sin fin de votos dalle resultados bos, o que parece agora é que nin os votantes do PP están de acordo có seu alcalde.Pero moito coidadiño os que non votamos PP, non temos responsabilidade algunha.
    E vosoutros que vos manifestades votantes disconformes do PP, SÍ tedes a responsabilidade de que o Concello de Vilalba esté na UCI, estático, inamovible, con politica de apoio só aos seus e de desfeita dun POBO que tería que estar na VANGUARDIA, xa non só da Provincia senón de Galiza.Todos estamos a sofrir unha política; peperos e non peperos, os continuos atrasos que se suceden invriablemente no tempo e nos sucesivos Alcaldes.E OLLO, da igoal Fraga, Leira, Agustin ou Gerardo, xa o dixen a política é continuista, cadaquén coas suas peculiaridades, pero todos do PP.Por certo que a última corporación que saeu elexida é de pena, só dá a talla o representante do BNG, mágoa que só salise un, pois son os máis de fiar.

    26 de xaneiro de 2009, 12:57

  • Estou dacordo que o talante e o saber estar do anterior alcalde era dunha superioridade evidente con respecto a este novo inquilino pero a ineficacia e a vagancia de Agustín con respecto a súas responsabilidades e o retraso de Vilalba e en moitos casos derivados da súa xestión.
    Por certo, quen é esa Esther que pedía un anónimo como candidata do PP, non será a irmá do susodicho, porque se buscan mellorar con ese cambio vaia ollo que ten algún, que prestixio, e simpatía se gasta esa señora. JEJEJE

    27 de xaneiro de 2009, 12:22

  • Que comentario tan pouco sesgado cara o sentimento nacionalista deste anónimo que só dí que ten nivel o representante do BNG, só él entre 17, que curioso e dí que é unha magoa que non salisen máis, supoño que para darlle aínda máis nivel ó concello, o resto dos grupos non teñen nivel só o BNG por gracia divina, que razoamentos tan sesgados que por certo fan que o BNG está onde está.

    27 de xaneiro de 2009, 12:24

  • Cadaquén que opine o que queira pero a cousa está así e non é por unha opinión sesgada. é por coñecemento do tema.Ninguén dixo que os demáis foran malos, pero con respecto ao do BNG este último é o máis lúcido e o mellor, reitero dos que hoxe están no Concello.
    Os Socialistas non se entenden entre eles, con líos de casi chegar ás máns.O PP, que queres que diga, a última é que nin siquera os de Gerardo están ó cen por cen con el, na miña opinión non sei se chegará ó Cincuenta por cen entre a povoación.Incluso Fraga perdeu as eleccións.
    Os resultados electorais son cousa que eu non podo, nin tí, evitar que fosen como foron, e o BNG sacou o que sacou, o cal non impide sesgadura ningunha na opinión que vertín e sigo a decir que é o mellor cualificado.
    En todo caso o que esté contento coa corporación que temos e que non vé máis aló do noso Concello, que ninguén me negará que podía estar en circunstancias máis favorables, ou non?.

    29 de xaneiro de 2009, 11:38

  • Coincido en que o anterior Alcalde non foi o mellor xestor, pero eu tamén creo que todos foron pésimos para Vilalba,(e todos do PP).Así pois estamos como queremos estar, pois a cidadanía os votou e con moita maioría, non có meu voto evidentemente.De todos os xeitos Gerardo é penoso polo que se conta e o que un pode ver.
    En canto a Esther, claro que é a irmá de Agustin, quen ía ser.Foi alcaldesa en muras un tempo, para darche máis datos.
    Si eu estivese no PsoE, como no caso de Veleiro, dimitiría polas fortes disensións que teñen entre eles, coido que abusaron dela.Nas eleccións locais seguintes xa veremos como queda a cousa, pero dan unha pésima imaxe.E foi Veleiro quen tirou dos votos socialistas.Lástima do Cambio, por non saber manterse o BNG.É o que temos.

    29 de xaneiro de 2009, 11:52

  • O problema do BNG é que nunca foron capaces de presentar como candidato a unha persoa que teña empatía coa xente e desperte simpatías no pobo. Todos ós que lle propuxeron dixeron "nanay" e aí vos quedades. Esa é a súa grande asignatura pendente, un problema que non ten o PSOE, así se viu nos resultados das municipais.

    29 de xaneiro de 2009, 16:09

  • Creo que hay algunas opiniones que se están desviando de las dudas que plantea el Sr. Paz en su artículo. Sólo hay que ver la cara del Sr. Rajoy en el acto de investidura de Rodrigo Rato como Doctor Honoris Causa por la Univ. Rey Juan Carlos de Madrid. Además de concentrarse la atención mediática en la persona de Rato, parece que los miembros del PP que estuvieron presentes "piden a Dios" que venga el salvador que siembre unidad en el partido.

    29 de xaneiro de 2009, 23:43

  • Mariano efectivamente aguanta máis do que ía parecer nun principio.
    Na miña opinión, que non ten que ser a verdadeira, é que Rajoy está aguantando do PP, e nese sentido ten moito mérito dadas as circunstancias.En tanto esto sucede están a buscar alguén que o suceda tendo o menor descalabro posible; é por eso que están a cambiar caras, máis non dan a talla siquera de Mariano Rajoy.
    Según as enquisas en Galicia van voltar a perder e en Euskadi xa todos sabemos que é en exceso residual, logo Rajoy sabe que ten pouco futuro, agás que sigan sin atopar "recambio".Non se pode obviar tampouco que as diferencias e supostos espionaxes en Madrid, non corren ó seu favor, e inda por riba e a pesares do que aparenta, o PP está máis dividido do que semella.De todolos xeitos non me da pena Rajoy.

    30 de xaneiro de 2009, 13:49

Danos a túa opinión