Redacción
A nova académica lerá o discurso 'Do bucle e da fenda. Para un ensaio crítico sobre a cultura galega' mañá sábado 7 de febreiro ás 12.00, na Facultade de Xeografía e Historia de Compostela. Únese así a un reducido grupo de mulleres (Rosario Álvarez Blanco, Olga Gallego Domínguez, Luz Pozo Garza e Xohana Torres Fernández), dun total de 28 membros numerarios na Real Academia Galega (RAG). Os cargos de dirección e xestión, a día de hoxe, están ocupados exclusivamente por homes. Margarita Ledo chega á RAG coincidindo coa presidencia de Xosé Ramón Barreiro, e a réplica ao seu discurso de ingreso vai realizala Rosario Álvarez.
Chairega de Castro de Rei (1951), iniciou a súa actividade política e o seu traballo de creación cultural moi nova, e no 74 tivo que exiliarse en Portugal. No Porto traballou como lectora de galego na Universidade de Letras, e despois licenciouse en Xornalismo en Barcelona. Dirixiu o semanario A Nosa Terra entre 1977 e 1980. De volta a Cataluña, foi profesora da Universidade Autónoma de Barcelona entre 1983 e 1991, chegando a catedrática; e a partir de 1991 comezou a docencia na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, sendo a primeira decana do centro.
Escribiu tres libros de poesía: Parolar cun eu, cun intre, con inseuto (1970), O corvo érguese cedo (1973) e Linguas mortas: serial radiofónico (1989), amais de dúas novelas (Trasalba ou Violeta e o militar morto no 85 e Porta blindada no 90), e mais os libros de relatos Mama-fé (1983) e Historias como Barcelona (1991). É autora tamén de ensaios sobre xornalismo, fotografía e cine, como Prensa e galeguismo (1982), O diario postelevisivo (1993) ou Del Cine-Ojo a Dogma 95: paseo por el amor y la muerte del cinematógrafo documental (2003). Na súa creación cinematográfica, destacan filmes como Santa Liberdade (2004) ou Liste, pronunciado Líster (2007).
Said
Parabens por este merecido recoñecemento a Margarita Ledo, a quen envío unha forte aperta dende Compostela.
MANUEL PARÍS
Said
Margarita Ledo pode que seña a garnde descoñecida da Terra Chá, máis ten un curriculum que fai temblar.
Os meus parabéns a tan Grande Autora en diferentes disciplinas.
FENDETESTAS
Said
Foi un precer ver onte a Margarita Ledo no Paraninfo da Facultade de Historia, acompañada de Ramón Villares e Darío Xohán Cabana. A imaxe de tres chairegos ilustres que traballan a prol da lingua a da cultura galega; en contraposición, a penosa imaxe que deixou esta mañá en Compostela a manifestación de Galicia Bilingüe, unha organización empeñada en alimentar un conflito artificial que pretende paralizar a proceso de normalización lingüística que comezou en 1983.
xornalista@monchopaz.com