Danos colaterais


Moncho Paz

Escoitar o que se di na rúa da moito xogo. De entrada, serve para botar un pulso á actualidade. As conversas con taxistas, camareiros, xornalistas e outros profesionais recollen opinións que, lonxe de seren sisudas análises socio-políticas, cómpre ter en conta como barómetro do sentir popular. E máis nunha cidade como Madrid. Nesta praza, dobremente controlada polo Partido Popular –Alcaldía e Comunidade– as recentes polémicas internas están a pé de rúa e os veredictos resultan determinantes: descontento con Esperanza Aguirre, decepción con Mariano Rajoy e aprobado para Ruiz Gallardón. Un cadro clínico de política competitiva.

Ante este panorama, enténdese a preocupación que amosan nos últimos días os primeiros espadas que sairán ao escenario electoral o 1-M. Conscientes dos danos colaterais que a crise de Madrid terá nas súas campañas, Basagoiti afirma estar “ata o nariz” da trama dos espías; e Feijóo repite a mensaxe “non é xusto”, ademais de recoñecer que o seu partido “ten tendencia á depresión”. Como no dominó, a derriba dunha peza pode arrastrar ás seguintes.
_________________________________________
Artigo publicado en Xornal de Galicia e www.xornal.com

6 de feb. de 2009

5 comentários :

  • Non entendo a suposta estratexia do Partido Popular; nin a súa participación na manifestación convocada por Galicia Bilingüe nin a reiterada negativa de Mariano Rajoy a falar en galego. Escandalosa a expresión do pasado xoves, cando Rajoy mitinea "de Rianjo a la Puebla". Penoso.

    6 de febreiro de 2009, 13:48

  • En estas próximas elecciones y en las europeas, todos los votantes del Partido Popular, castigaremos con nuestros votos al partido, para que se vayan de una vez esta panda de dirigentes que actualmente nos están mal gobernando. Votemos en blanco, nulo o abstención.
    Rajoy y su guardia pretoriana que maneja Javier Arenas. Tienen que irse.

    6 de febreiro de 2009, 13:52

  • A Mariano xa non hai por onde collelo. Lembren vostedes aquilo de "soy Rajoy y voy para Raxoi, a una junta de la Xunta". Dende a súa etapa como vicepresidente da Xunta, a súa actitude é dunha negación sistemática a falar -e vivir- en galego. E tamén decimonómica, presidindo en Pontevedra cerimonias de "puesta de largo" para rapazas de 15 anos, un evento que xa non se concibe, nin se entende, na sociedade actual.

    O Chairego Solitario

    6 de febreiro de 2009, 16:31

  • Eu non sei si Rajoy é consciente do que está a facer á respecto de Galiza, ou si pola contra pensa que vai sacar así máis votos.En todo caso o PP está nunha etapa de dificil solución, e Rajoy é claramente o que máis ten que perder politicamente.Penso que debería reconducir ó PP galego cara unha democratización interna e externa.Logo estanlle a sair continuamente "desgastes de poder", que parece o collen despistado, xa non só en Madrid senón tamén en outras partes do estado.Efectivamente ó escoitar a fala da xente, tense unha percepción máis ampla da situación, e normalmente non coincide exactamente có que nos din os medios.En todo caso cada un ten o que quere ter, e parece que no PP están a quen máis dano interno fai.Alá eles.
    O Problema é cando nos afecta a todos, pois eles non parecen aplicar aquelo de "Facenda somos todos", neste caso úns máis que outros, que somos os "Paganini".
    Que pila de Paraisos Fiscais deben ter os peperos, pero nin se ruborizan.Estarán Afeitos.
    Eu dende logo que NON.

    FENDETESTAS

    7 de febreiro de 2009, 12:59

  • O problema do PP reside no seu líder. Mariano Rajoy resposta a un perfil de político cómodo, ao que non lle gustan os problemas, e que prefire que estes se solucionen sós. Por certo, onde andará metido estes días? Dende que foi "de Rianjo a la Puebla" non voltamos a ter noticias súas. Mellor faría con dar un bo golpe na mesa e dicirlle adeus a Esperanza e a Gallardoón, aos dous; de seguro que agora está matinando que "tampouco é para tanto" e "a ver que pasa mañá". Mal imos con xente así; se non é capaz de solucionar as liortas que teñen, pouco poderá facer por xestionar a crise e mellorar o destino dos cidadans. En fin...

    8 de febreiro de 2009, 22:13

Danos a túa opinión