Redacción
O xurado dos Premios de Xornalismo de Caixanova anunciou en Pontevedra o nome dos gañadores da XXX edición do premio Julio Camba e VI edición do premio Francisco Fernández del Riego, que foron outorgados, respectivamente, ao xornalista Pedro Ugarte -na fotografía- e ao escritor Manuel Rivas, por senllos artículos publicados o ano pasado no xornal El País.
Segundo explicou o presidente do xurado, o escritor Alfredo Conde Cid, o artigo merecedor do premio Julio Camba está escrito por Pedro Ugarte e trátase da columna "La descendencia", publicado na edición para o País Vasco de El País o 1 de novembro de 2008, un texto que "podería asinar o propio Julio Camba", e no que reivindica a paternidade. O Premio Francisco Fernández del Riego outorgóuselle ao escritor e xornalista galego Manuel Rivas, polo artigo "La mesa cósmica de Piñeiro".
0 comentários :
Danos a túa opinión