A partir de hoxe a sede da Fundación Caixa Galicia de Santiago acolle a exposición Galicia pola Radio. A historia falada, unha interesante mostra que se enmarca dentro do proxecto "Galicia pola radio. Desde os anos trinta á actualidade" patrocinado pola Fundación Caixa Galicia, a Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e o Consello da Cultura Galega.
A mostra, encadrada na celebración dos 75 anos de radio en Galicia, serve coma impresionante viaxe sonora e visual pola historia falada da nosa comunidade. Para que iso fora posible dotouse de todo tipo de material relacionado co medio, como fragmentos radiofónicos extraidos de fondos públicos e particulares, guións, micrófonos, aparellos históricos de radio, xornais, material gráfico e recreacións de ambientes sumamente atractivos para viaxar no tempo polo medio que marcou a xeracións enteiras.
Estruturada en tres andares, no baixo amósase diverso material divulgativo, o segundo dedícase a contidos máis interactivos, como un estudio de gravación, a exposición de radios antigas, unha sección con material proporcionado polo Consello da Cultura Galega e dous puntos de escoita nos que o visitante pode acceder a medio centenar de arquivos sonoros da radio en Galicia.
Pero destaca especialmente o primeiro andar, estruturado cronolóxicamente dende as orixes da radio ata a actualidade. A primeira referencia nos leva ata o ano 1932 baixo o lema “Así empezou todo” e continúa coa etapa 1932-1939 “Unha flor amañeceu en Galicia”, cando sintonizar unha emisora era unha proeza, todo era novo e sorprendente e a radio se anunciaba como defensora da identidade como cultura, servizo público e modernidade.
A seguinte época, 1940-1957 denomínase “Radio censura”, en clara referencia á dura posguerra, cando a radio se converte nun escape cara un mundo de soños e, moitas veces, un mundo prohibido, solitario e nocturno, para os que buscan. A etapa 1958-1977 “Cando os galegos entraron na radio” recolle un inicio de cambio. Comezan a obviarse as últimas prohibicións e os nenos e nenas de Galicia descobren e senten a radio como algo máxico, dun indefinido misterio oculto na súa intensa e abraiante luz interior.
A etapa 1978-1999 “Noticias de Galicia” reconstrúe a historia da radio da democracia e a autonomía galegas que conta, xa en liberdade, o que pasa en Galicia; a radio da realidade, da información, da sociedade que emerxe á superficie, que busca realidades. E finalmente a sección que vai dende o ano 2000 ata a actualidade bota unha mirada á radio de agora e a nova radio para Galicia: dixital, internet...
Esta mostra, ademais de homenaxear a un medio esencial de comunicación, serve para reavivar a memoria persoal e sentimental dos galegos, amosándolles aos máis novos a relevancia histórica e a singularidade da radio como medio de comunicación en Galicia.
A exposición poderá verse desde hoxe ata o día 19 de abril todos os días da semana, de luns a domingo, de 12:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 21:00 h. na sede da Fundación Caixa Galicia de Santiago, situada na rúa do Vilar, número 19.

0 comentários :
Danos a túa opinión