Xulio Xiz
A 25 kms. de Vilalba, máis ou menos, está a factoría de Endesa nas Pontes de Gardía Rodríguez, factoría que leva consigo a lenda negra de ser a causante das perdas incontables que sofren as árbores frutais da Terra Chá.
A “Térmica”, como alí se coñece, primeiro queimou o carbón que saía do subchán pontés, os lignitos pouco caloríficos pero abundantes que, ó esgotarse, obrigaron a importar carbón de fóra que entra polo porto de Ferrol e chega ás Pontes pola nova autovía, que por algo ven por aí.
Esta central nosa veciña, que case é posible vela ó lonxe, é o maior productor de enerxía eléctrica de España, e moitas veces nos temos doído de que esta enerxía marchara na súa maior parte para fóra e houbese mentras tanto en Galicia lugares no rural deficitarios de enerxía. Pero todo se soportou porque era unha empresa nosa, que creaba riqueza para o país.
Os frutais deron en aparecer queimados, coas follas reviradas, con froitos pequenos e de pésima presencia. Todo se deu senón por ben feito sí polo menos tolerado porque –no caso de que esta industria fose a causante- entendíase que era unha das servidumes que o país tiña que pagar por unha industrialización imprescindible para ir no tren de España e de Europa, aínda que fose nos últimos vagóns.
Endesa xa non era galega, se é que o capital ten condicionamentos xa non digamos nacionalistas senón de vencello co país de procedencia ou de asentamento. Endesa era unha S.A. na que os italianos xa tiñan unha participación moi importante, de arredor do 67 por cento.
Agora veñen de comprarlle un 25% á española Acciona, patroneada pola familia Entrecanales, co que a porcentaxe de capital italiano chega ó 92%. O oito por cento restante é unha cantidade mínima, residual, que xa non importa a quen pertence e que pode ser barrida a golpe de talonario no momento en que os maioritarios o consideren conveniente.
Temos a vintecinco kilómetros de distancia un emporio italiano, para o que traballan milleiros de galegos, que produce enerxía desde Galicia para o mundo, e que contamina dentro de Galicia. Porque esa é unha das consecuencias dos investimentos no extranxeiro: Os perxuizos son para o lugar de asentamento, os beneficios para o capital. Queda, claro está, a vantaxe dos postos de traballo. Só faltaría.
E sen embargo, como as nosas autoridades, económicas ou políticas non din nada intelixible sobre a cuestión, parece que o tema non ten maior importancia. A min paréceme que a ten, que non é bo que as nosas fontes de producción de enerxía pertenzan a intereses extraxeiros, que lóxicamente van ó seu, caia quen caia. Pero posiblemente eu sexa un bicho raro que ve problemas onde non os hai. E sexa perfecto que os italianos invistan en Galicia, e nós traballemos para eles.
O tempo o dirá.

Said
Parezo barruntar que algo así fixo o BNG co concurso eólico non si?
Said
Xulio hai que aprender algo máis de economía. Si se inviste capital italiano e porque non hai espiritu empresarial galego. ¿non si?
Said
Xa non é que no haxa capital Galego, que sí o hai; o que sucede é que se prima a quen se prima por parte dos Gobernos correspondentes, e como é o normal acceden inversores foráneos, aos que lles importa un comino que Endesa esté en Galicia ou en Venecia, o caso é que saímos perxudicados os Galegos.
En canto o concurso Eólico, a falta de coñecer as alegacións pertinentes, estas foron adxudicadas en Concurso Aberto,-O PP dixitalmente, e decir a dedo como todo-, e favorecendo aos Galegos e a Galicia.
Total transparencia é o que non estamos afeitos a ter.
Feijóo creo que vai anular a Convocatoria, a ver que fai FRANCISCO, e toma nota que estas mal informado, ou desinformado, ou unformado de oidas.
FENDETESTAS