Aínda que a relación de Ramón Piñeiro coa Chaira redúcese a uns poucos fitos, estes foron decisivos para el e para nós. Ramón Piñeiro naceu ao compromiso co pobo, ao que endexamais ía renunciar, aos 17 anos, grazas a un vilalbés egrexio, Lois Peña Novo, que arrequentou o seu ánimo, nun mitin nas eleccións de 1931, en Sarria. A primeira vez que escoitaba falar en galego nun acto público.
Mantivo relación con moitos chairegos: Pepe Chao, Ramón Villares, Antón Baamonde... Manuel María, nas tertulias do Méndez en Lugo e no Café Español en Santiago, do que se distanciaría, ao enrocarse Piñeiro nun galeguismo culturalista. O poeta dedicoulle “A derradeira cantiga” na súa revista Xistral.
Pero sería Díaz Castro, o poeta das Terras de Parga, o que máis bebeu no manancial das esencias da Terra que Piñeiro estaba a transmitir, na arrepiante travesía do deserto, nas décadas dos 50 e 60. Grazas a Piñeiro, podemos deleitarnos con Nimbos. El, á fronte da editorial Galaxia, aguilloou ao poeta, para que o publicase. Custoulle moito, porque o autor era reticente aos protagonismos na palestra pública. Converteuse no primeiro difusor e canle da lírica diazcastriana, entre os lectores.
Antonio Pérez Prado, médico e humanista, na Arxentina, agasallou a Xermolos cun exemplar da 1ª edición de Nimbos, con esta adicatoria: “Recibín Nimbos no 1962, das mans de Ramón Piñeiro”. Díxome: “é dun paisano teu, da Terra Cha. Cando chegues a Madrid, chámao”. Mantiveron correspondencia, como imos descubrir na recolleita de cartas de escritores lucenses, ao autor homenaxeado nesta Festa das Nosas Letras, que o Centro Ramón Piñeiro ten no prelo. Foi un dos que o propuxo, para “correspondente” da Academia.
Despois do retorno do poeta a Guitiriz, no treito final, participaron os dous en actividades de Xermolos. Veu falar de Celestino Fernández de la Vega, o ensaísta de Friol, nun ciclo no que Díaz Castro disertou sobre o seu amigo Iglesia Alvariño, do que estamos a celebrar os cen anos do nacemento. Piñeiro presidiu en Guitiriz a homenaxe ao seu poeta, o 21 de abril de 1990, como Presidente do Consello da Cultura Galega, nun dos acontecementos derradeiros das súas vidas, pois os dous xa estaban enfermos. Morrería o 28 de agosto e o de Guitiriz, o 2 de outubro.

0 comentários :
Danos a túa opinión