Manuel Rivas na RAG

Redacción

O escritor Manuel Rivas foi nomeado o pasado día 31 de xullo membro electo da Real Academia Galega, e ocupará a vacante producida polo falecemento en novembro de 2008 do académico numerario Camilo González Suárez-Chairos, segundo informou esta institución nun comunicado.

Rivas, nacido na Coruña en 1957, é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e traballou como colaborador para diferentes medios.

A súa faceta de escritor foi galardoada cos premios Torrente Ballester de Narrativa en 1995, o Premio Nacional de Narrativa en 1996, ou o Premio da Crítica Española en 1998.

4 de ago. de 2009

0 comentários :

Danos a túa opinión