A mediados dos anos setenta, un grupo de artistas da Costa Leste norteamericana atrevéronse a desafiar as convencións do medio fotográfico, influíndo de xeito decisivo nos usos da representación de finais do século vinte. A defensa da veracidade manifestábase na súa obra cun grao ata aquela descoñecido de intimidade, exposta a través da irrupción de novos modelos afectivos e, xa que logo, tamén de articulación social. A súa achega fundamental consiste en converter en narrativas atractivas motivos cotiáns que ata aquel momento nunca se consideraran de interese como asunto dunha peza de arte.
Na década dos noventa e por mor dunha broma da artista Nan Goldin, o grupo foi bautizado como escola de Boston, etiqueta que logo sería popularizada pola exposición do mesmo título no ICA de Boston en 1996. O feito é que nun momento concreto de mediados dos setenta en Nova Inglaterra concentráronse una serie de artistas que durante a década dos oitenta se converterían nalgúns dos nomes fundamentais na cultura artística do seu país. Relacionados a partir de afinidades persoais e por compartir os seus estudos na Escola do Museo de Belas Artes ou no Escola de arte de Massachusetts, ambos en Boston, foron trasladándose progresivamente a Nova York para participar activamente na construción da escena do Bowery, durante unha etapa fundamental para o desenvolvemento e consolidación das estruturas artísticas da cidade.
A mostra do CGAC converte as súas imaxes nun retrato dun momento preciso e fundamental: o último alento da liberdade moral e sexual nacida dos sesenta, xusto antes da crise que suporía a irrupción da sida. Por outra banda, a reivindicación da subxectividade na que toman parte, acabaríase convertendo nun dos eixes principais da produción artística internacional na década dos noventa.
En definitiva, Familiar Feelings non trata tanto de reivindicar as afinidades dos integrantes da chamada escola de Boston como de levar esa etiqueta a unha posición crítica: detectar outro tipo de contigüidades emocionais ou de actitudes persoais que lle permitan ao lector asumir o vínculo do familiar como unha categoría —lene e ao mesmo tempo máis acolledora— que transcende as etiquetas tradicionais da historia da arte para reivindicar outros modos posibles e aínda produtivos de subxectivación.

0 comentários :
Danos a túa opinión